Poesía contra intolerancia

Manolo Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Olalla da Prica ían manter o pasado día 18 na Casa do Taberneiro de Compostela, dentro do programa do Alguén que respira!, un encontro de regueifa. As limitación impostas polo combate ao coronavirus obrigaron a suspender o encontro  pero eles e elas amañáronse para articular desde o confinamento individual a celebración colectiva. O resultado é a aparición de un novo grupo de regueifeir*s, chamado Mencinheiros, e tres gravacións que tedes aquí e que tamén podedes escoitar en youtube.