Falta menos! Mañá martes saen as entradas do recital ‘A poesía dá a nota’ con Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente

Xa falta menos! Dentro dunhas horas –ás once da mañá do martes día 21– abriranse o despacho de billetes e mais a web do Concello de Santiago para que podados reservar as entradas de A poesía dá a nota, recital que pecha o programa de 2020 do Alguén que respira! Será un acto lúdico para celebrar a noite máis longa do ano no solsticio de inverno con Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente.

As entradas pódense retirar unicamente o mesmo día do recital a partir das once da mañá na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C, situado na Praza de Cervantes. Tamén se poden retirar no propio teatro desde unha hora antes do recital.

En A poesía dá a nota, unha producción promovida polo propio festival, confñúen as propostas de dous artistas que actualizaron –sen complexos– os códigos musicais de dúas culturas minorizadas: a asturiana e a galega. Mentres Rodrigo Cuevas propón a súa singular viaxe pola pouso popular do folclore astur, Projecto Mourente fixo unha serie de versións lounge e discotequeiras de poemas publicados por Lorena Souto, Ana Romaní, Francisco Cortegoso, Carlos Callón ou Lois Pereiro.


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará