
Lucía Gaute Fernández foi o gañadora do Premio de poesía para estudantes do festival Alguén que respira! no apartado de E.S.O. co seu poema A memoria, polo que recibirá 300€. Gaute estuda 3º de ESO no IES San Rosendo de Mondoñedo, aínda que ela reside en Baroncelle, unha parroquia do Concello de Abadín.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro venres 20 de marzo ás 20 horas, dentro do programa de tarde do festival. Corenta creador*s de múltiples disciplinas, aglutinad*s pola poderosa argamasa da poesía, paricipan na novena edición do Alguén que respira!, que comeza o vindeiro mércores 18 de marzo e se prolonga ata o sábado 21 no Teatro Principal de Compostela, organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaria Xeral da Língua da Xunta.
