
Pol Guasch será o encargado de abrir o recital do día 19 de marzo no festival Alguén que respira! A memoria será a gran protagonista da edición e Guasch chega non só como parte da memoria do propio festival, no que participou en 2020, senón tamén como autor de Reliquia, unha obra de memoria autobiográfica coa que indaga no suicidio a partir do do seu pai. Os textos que Guasch lerá no Teatro Principal foron traducidos por Gonzalo Hermo ao galego. Nesta edición, o Respira! preparou un pograma especial co que Antón Lopo pecha o seu labor na dirección e no que, precisamente, revisa a historia dun festival que trouxo a Compostela a máis de douscentos poetas con motivo do Día Mundial da Poesía.
