A poesía como experiencia viva

Alfredo Rodríguez durante a súa proposta de poesía performativa en 2019

Dende a súa creación, Alguén que respira! consolidouse como unha das citas máis singulares do panorama poético galego e estatal, un espazo aberto á experimentación e ao diálogo entre linguaxes artísticas. O festival aposta polo encontro entre xeracións, pola convivencia entre tradición oral e creación contemporánea e pola exploración da poesía como experiencia colectiva e viva.