Faia, Guadi Galego, Woyza e Nuno Pico. É difícil imaxinar un cartel así, onde aparecen reunidas catro das voces fundamentais da música contemporánea galega. A poesía, porén, logrouno para o Alguén que respira! e xunt*s compartirán o programa Música para Poesía Principal, que terá lugar no Teatro Principal de Compostela o día 20 ás oito da tarde. Será, sen dúbida, unha das citas imprescindibles dun festival que ofrecerá, entre o 18 e o 21 de marxo, máis dunha trintena de recitais, faladoiros e performances.
