A regueifa de Manolo Maseda e Lupe Blanco abre os recitais do Respira!

O Alguén que respira! comezou a sua primeira edición coa regueifa de Lupe Blanco e Manolo Maseda, que abrían a cerna da poesía popular nun festival con vocación de esculcar as formas trasversais do poema. Nove anos despois, os dous volven para dar pé ao recital inaugural do Respira! e farano, ademais, conducindo aos asistentes desde a lectura que fará Olga Novo do Manifesto do Día da Poesía (no balcón da Rúa do Vilar) ata o interior do teatro. Será unha nova explosión do humor, enxeño e habelencia que caracteriza o traballo destas figuras maiores da  improvisación poética en Galicia,