Ada Salas, unha das poetas esenciais da poesía española contemporánea, estará no Teatro Principal de Compostela o sábado 19 para participar no recital inaugural do Alguén que respira!, a gran cita anual da poesía en Galicia. O festival, que foi aprazado o pasado mes de marzo por efecto da covid-19, chega ao público para celebrar o solsticio de outono, unha festa tradicionalmente ligada á embriaguez que neste caso terá como principio activo a poesía.
Ada Salas (Cáceres, 1965) intégrase no novo programa do respira! cunha proposta de verso minimalista e escuado, característica que a emparenta para boa boa parte da crítica coa poesía do silencio, practicada por José Ángel Valente. Ela sería a encargada de levar a esixencia conceptual do poeta ourensán a límites áinda máis radicais. A intensidade e o un uso dunha linguaxe propia son elementos que converteu os seus recitais nunha oportunidade única para reflexionar sobre o exercicio da escrita e as experiencias emocionais.