
Ana Rosetti, unha das voces que renovaron a poesía española desde os anos oitenta, será unha das poetas que participan no programa Poesía para Corpo Principal, que se celebrará no Teatro Principal de Compostela o día 19 de marzo ás oito da tarde dentro do Alguén que respira!. O festival, organizado polo Concello de Santiago der Compostela para celebrar o Día da Poesía, reúne a algunhas das propostas máis singulares do panorama actual, con espectáculos, recitais e performances que teñen a Memoria como eixo temático. A cita é entre o 18 e o 21 de marzo.
