Antón Reixa escribe para o Respira! o Manifesto do Día da Poesía 2022

Antón Reixa é o encargado de facer para o festival Alguén que respira! 2022 o manifesto do Día Mundial da Poesía. Reixa escribiu un texto de grande radicalidade onde xoga ironicamente con varios motivos: a realidade causal de que o Día da Poesía caia este ano en luns e o feito de alén da fama de sombrizos que teñen o luns, a culpa é da produtividade capitalista. Con anterioridade, o Manifesto do Día Mundial da Poesía foi escrito por María Xosé Queizán, Xosé Luís Méndez Ferrín, Luz Pozo Garza e Manuel Rivas.

Reixa (Vigo, 1957) leva axitando a poesía galega des que fundou en 1975 o grupo de Comunicación Poética Rompente, xunto a Alfonso Pexegueiro, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón. A súa poderosa capacidade como creador e activista evoluciona rapidamente nos anos oitenta e noventa en proxectos como Os Resentidos ou Nación Reixa, que o converteron nunha das figuras máis carismáticas de galicia durante a cultura da transición. Sen abandonar nunca a escrita, con pezas dramáticas de gran repercusión e poemarios de culto, Reixa mergullouse no audiovisual e na incipiente indus- tria galega con series televisivas lendarias como Mareas vivas ou a produción cinemaográfica de O lapis do carpinteiro. Entre os seus libros, figuran As ladillas do travesti (1979), Historia do Rock and Roll (1985), Viva Galicia beibe (1994), MICHIGAN / ACASO MICHIGAN (2018) ou Outlet (2020). 


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará