As entradas do Alguén que Respira! só estarán dispoñibles o mesmo día do recital

Todo está preparado para a terceira entrega do festival Alguén que respira!, organizado polo Concello de Santiago para os días 21 e 22 de setembro. Nesas dúas jornadas non só teremos oportunidade de ver e escoitar a algunhas das poetas galegas máis escitilantes dos últimos anos no Teatro Principal, senón que tamén visitaremos tres espazos case descoñecidos da cidade para presenciar as propostas de Séchu Sende, Castillo Suárez e Javier Peñafiel.

O ruído do lume [A palabra en combustión de dez poetas galegas] é o título do recital que acollerá o Teatro Principal o día 21 a partir das 19,30. As entradas para este encontro interxeracional de poetas como Luz Fandiño, Yolanda Castaño, Chus Pato ou Olga Novo poderán sacarse unicamente o mesmo día do recital, sen posibilidade de facer reservas previas. Todas as persoas interesadas en asistir deberán retirar as entradas na Sala C da Praza de Cervantes [de 11 a 14 horas e a partir das 16. Teléfono 981 542 462], retelas a través da web compostelacultura.gal ou retiralas na billtería do propio Teatro Principal desde as 18,30. As entradas son gratuitas.

O ruído do lume reunirá a boa parte das mulleres que nestes últimos anos protagonizaron un novo renacer da poesía galega. A súa forza e personalidade non só marcaron as crónicas literarias en Galicia senón que tamén se converteron en referentes peninsulares e en admiradas poetas internacionais. Ademais das poetas mentadas, o recital conta coa participación de Alba Cid, Luz Pichel, Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns, Eva Veiga e Andrea Nunes Brións. Trátase dun auténtico acontecemento que porá no escenario o fío interxeracional máis prodixioso da literatura galega.

Para a segunda xornada, a do día 22, o festival recupera a sección Atravesei a cerca, que esta vez sobarda o edificio do Principal para eculcar espazos inéditos ou case descoñecidos da cidade. Os recitais da sección, que tamén son gratuítos, celebraranse sucesivamente no xardín do restaurante A Maceta, na terraza do centro sociocultural da Trisca e no museo ao aire libre de Berto Leis, un ferreiro que creou unha sorprendente paisaxe nas hortas próximas á Costa do Vedor.

A organización decidiu para este programa que as 25 prazas de aforo se distribuísen por orde de chegada á xardín da Maceta, onde comezará o percorrido do recital ás 19,30 horas cos versos de Séchu Sende. O prograna continúa ás 20 horas na Trisca co performer e activista aragonés Javier Peñafiel. Por último, ás 20,30, a poeta vasca Castillo Suárez lerá os seus poemas no museo de Berto Leis.

Estamos xa na cuarta edición do festival, neste 2021 articulado de maneira excepcional ao longo do ano en carro programas, coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccións. O pasado 21 de marzo –Día Mundial da Poesía– o festival inaugurouse con manifesto de Manuel Rivas e un recital titulado + ou – 21 [anos], en referencia á idade media dos poetas que integran o programa, e contou coas voces de Iago González, Belén Senín, Maria Bras, Martin Bidaur, María Isern e Mario Obrero.

Xa no solsticio de primavera, o 21 de xuño,  celebrouse a segunda entrega do festival cunha sesión de regueifas polas rúas da cidade con Manuel Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto. Ese mesmo día, no Teatro Principal, Miguel Azguime representou a súa performance Itinerario do sal.