Miren Agur Meabe, Callís Cabrera e Ana Romani: tres poetas para a eternidade

O festival Alguén que respira! inaugúrase no Teatro Principal de Compostela o día 18 de marzo, ás oito da tarde, co tradicional recital no que conflúen distintas linguas ibéricas, este ano presentado co título Tres poetas para a eternidade. Sobre o escenario poderanse escoitar tres voces escintilantes das literaturas en vasco, catalán e galego: Miren Agur Meabe, recente Premio Nacional de Literatura, María Callís Cabrera e Ana Romaní. Un programa que nos conduce por tres poéticas consagradas nos últimos anos e nos abre as portas para o percorrido dos corpos en disidencia.

Miren Agur Meabe (lekeitio, 1962) é unha das voces máis persoais da poesía en éuscaro, autora de libros como Nola gorde errautsa kolkoan (Como gardar cinsa no peito) que lle valeu o Premio nacional de Poesía no ano 2020. Tamén publicou, ademais de varios volumes de relatos, a novela Kristalezko begi bat (Un ollo de cristal). No festival, avise proxectar a tradución dos seus poemas ao galego, realizada por Isaac Xubin.

Maria Callís Cabrera (Girona, 1983) é a autora de tres libros libros de poemas que a converteron nunha figura imprescindible da poesía catalana contemporánea: Jonàs (Premio Amadeu Oller para novos poetas inéditos, 2004), La matinada clara (2009) e La ciutat cansada (Premio Carles Riba de poesía, 2016). Os seus poemas que lerá, e que tamén se proxectarán na pantalla do Teatro Principal, foron traducidos ao galego por Alicia Fernández.

Ana Romaní (Noia, 1962) é unha activista da cultura galega, á que lle deu unha escintilante obra poética, proxectos de ousada vangarda e o Diario Cultural, un fito da Radio Galega, e do periodismo radiofónico galego, que dirixiu entre 1990 e 2018. É autora dos libros Palabra de Mar (1987), Das ultimas mareas (1994), Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005), Estremas (2010) e A desvértebra (2020).

Para reservar as entradas, que estarán a disposición do público desde as once da mamá do día 18 e son gratuítas, recomendase utilizar este link:

www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/tres-poetas-para-eternidade


 

Cinco días de programación excepcional con entradas gratuítas ata esgotar aforo

Para asistir á previa do festival Alguén que respira! pódense retirar as entradas desde o sábado día doce na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural de 11 a 14 e de 16 a 19 h. (teléfono 981 542 462). Tamén se poden retirar no despacho de billetes do Teatro Principal desde unha hora antes do comezo do recital (teléfono 981 571 026).

O 18 sairán as entradas para o resto da programación ata o 21 de marzo. Ese día 18 xa se poderán facer as reservas para as catro xornadas de programa. As canles de reserva son igualmente a web compostelacultura.gal, o despacho de billetes da Zona C e o propio Teatro Principal unha hora antes dos recitais.

Todas actividades teñen carácter gratuíto ata esgotar aforo!!!!


 

A previa do día 13: cando Alejandro Palomas fala de pé e a corazón aberto

Alguén que respira!, o festival de poesía de Compostela, comeza o día 18 de marzo a súa quinta edición e para celebralo ensaiamos unha nova experiencia: artellar unha previa. Será no Teatro Principal, o domingo día 13, a partir das oito da tarde, cun programa extraordinario por múltiples razóns: Alejandro Palomas presenta a súa proposta La vida y una flor. Non é un espectáculo e tampouco un recital poético. É unha mestura de ambos nunha hora de intimidade cun escritor que percorre a alma humana desde a comuñón coa voz. Palomas trenza pezas e versos do seu último poemario –Una flor– con momentos claros e dolorosos da vida propia. É o tráxico e o cómico, o riso e mais o pranto. E é, sobre todo, o pracer de compartir unha hora de emoción e honestidade con quen chega ao fondo do humano desde a súa propia pequenez.

Continuar lendo “A previa do día 13: cando Alejandro Palomas fala de pé e a corazón aberto”

Brigitte Vasallo e ‘A diáspora coma experiencia queer’

A diáspora coma experiencia queer é o título da intervención que preparou Brigitte Vasallo para o festival Alguén que respira!, que se celebra en Compostela entre o 13 e o 21 de marzo. Filla de emigrantes galegos en Barcelona, Vasallo é unha das participantes na sección de debates matutinos do festival, que se realizarán arredor dun café no ambigú do Teatro Principal, sede do respira!A súa obra céntrase en investigar as formas de alteridade, con especial interese na dife-renza sexual e a construción nacional. Foi traducida a varios idiomas e dá clases como invitada en universidades que, como ela subliña, “non me aceptarían como alumna”.

Ademais de Vasallo, a sección contará cos testemuños de activista clave na investigación das identidades como Alberto Mira, Daniela Fernández, Paulo Filgueiras e Elizabeth Duval.

O festival, que se inicia o domingo día 13 cun recital de Alejandro Palomas, ofrecerá na súa quinta edición unha panorámica sobre a poesía e a reflexión dos corpos, as disidencias e o desexo, eixo central do programa. Serán cinco días de versos, reflexión e música –Rodrigo Cuevas é o encargado de “dar a nota” xunto a Projecto Mourente– cos que Compostela celebra o Día Mundial da Poesía.


 

Antón Reixa escribe para o Respira! o Manifesto do Día da Poesía 2022

Antón Reixa é o encargado de facer para o festival Alguén que respira! 2022 o manifesto do Día Mundial da Poesía. Reixa escribiu un texto de grande radicalidade onde xoga ironicamente con varios motivos: a realidade causal de que o Día da Poesía caia este ano en luns e o feito de alén da fama de sombrizos que teñen o luns, a culpa é da produtividade capitalista. Con anterioridade, o Manifesto do Día Mundial da Poesía foi escrito por María Xosé Queizán, Xosé Luís Méndez Ferrín, Luz Pozo Garza e Manuel Rivas.

Reixa (Vigo, 1957) leva axitando a poesía galega des que fundou en 1975 o grupo de Comunicación Poética Rompente, xunto a Alfonso Pexegueiro, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón. A súa poderosa capacidade como creador e activista evoluciona rapidamente nos anos oitenta e noventa en proxectos como Os Resentidos ou Nación Reixa, que o converteron nunha das figuras máis carismáticas de galicia durante a cultura da transición. Sen abandonar nunca a escrita, con pezas dramáticas de gran repercusión e poemarios de culto, Reixa mergullouse no audiovisual e na incipiente indus- tria galega con series televisivas lendarias como Mareas vivas ou a produción cinemaográfica de O lapis do carpinteiro. Entre os seus libros, figuran As ladillas do travesti (1979), Historia do Rock and Roll (1985), Viva Galicia beibe (1994), MICHIGAN / ACASO MICHIGAN (2018) ou Outlet (2020). 


 

Conta atrás para celebrar en Compostela a quinta edición do Alguén que respira!

Alguén que respira!, o festival de poesía de Compostela, chega á quinta edición recuperando o seu modelo orixinal de catro xornadas consecutivas de programa, que se desenvolverán no Teatro Principal entre o 18 e o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía. Ademais celebraremos unha sesión previa o  domingo 13 de marzo –a partir das oito da tarde– con Alejandro Palamos como figura central.

A maior novidade desta quinta edición é que o respira! xirará arredor dun lema vertebrador: Corpos, disidencias, desexo.  Baixo el, o programa reunirá en Compostela a boa parte das persoas que de maneira máis activa esculcaron na cuestión identitaria ao longo das últimas décadas. Sen dúbida, estamos ante unha oportunidade unica de escoitar voces e corpos de disidencia, desde Elizabeth Duval a Teresa Moure, pasando por Luís Antonio de Villena, Carlos Callón, Luís Muñoz, Alberto Mira, María Castrejón, Xavier Queipo, Andrea Nunes ou Daniel Asorey.

O festival inaugúrase, como é habitual, cun recital onde conflúen distintas linguas ibéricas. Será o día 18, venres, e sobre o escenario do Teatro Principal de Compostela escoitarase ao portugués António Barahona nunha das excepcionais ocasións en que recita en público, á catalana María Callís Cabrera, á galega Ana Romaní e á vasca Miren Agur Meabe, recente Premio Nacional de Literatura.


 

Última hora! Aprazado o recital de Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente pola covid

O festival Alguén que respira! non logrou esquivar a ameaza da covid. Este martes, a organización decidiu aprazar o seu recital de clausura despois de que un dos artistas do cartel, Rodrigo Cuevas, dese positivo por covid nun test realizado pouco antes de iniciar os ensaios no Teatro Principal de Compostela, sede do festival. Deste xeito, o que estaba convocado como un acto festivo para atravesar a noite máis longa do ano acabou sendo unha nova demostración de que a pandemia arrecia.

O festival Alguén que respira! organizouse nesta edición de 2021 en catro sesións ao longo do ano. O obxectivo era sortear as limitacións de aforo impostas pola covid pero finalmente a pandemia acabou por arrastrar o festival e fíxoo, ademais, na xornada de clausura, concibida como un acto festivo con dous creadores de marcado carácter lúdico: o galego Projecto Mourente e o asturiano Rodrigo Cuevas, este último considerado pola crítica especializada española unha das grandes revelacións do ano. Unhas horas antes de facer os ensaios, previstos para as 16,30 da tarde, Cuevas comezou a sentirse mal e un test de antíxenos confirmouno: era positivo por Covid. Nese momento, a dirección do festival, organizado polo Concello de Santiago coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, decidiu aprazar o recital.

Tanto o programa de Cuevas como o de Mourente están concibidos especialmente para o festival compostelán, que lles encargou a eles a proposta para atravesar xuntos a noite máis longa do ano. A oportunidade era única por múltiples razóns. O respira! celébrase habitualmente arredor do 21 de marzo –o Día Mundial da Poesía– e era excepcional este cambio entre o equinoccio de primavera e o solsticio de inverno. Pero tamén resultaba unha oportunidade única de ver a Rodrigo Cuevas nun formato infrecuente: o íntimo. A confluencia astral non o fará posible xa ata o próximo ano.


 

Unha oportunidade única e festiva para celebrar a poesía na noite máis longa

Desde as once da mañá deste martes 21 de decembro poderás retirar os teus convites para A poesía dá a nota, recital que pecha o programa no 2021 do Alguén que respira! Os convites están disponibles no despacho de billetes e mais na web do Concello de Santiago, compostelacultura.galSerá un acto de vocación lúdica no que a poesía nos axudará a atravesar a noite máis longa do ano xunto a Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente.

Serán dous programas concibidos especialmente para o festival compostelán, que lles encargou a eles esta insólita e luminosa proposta para atravesar xuntos a noite máis longa do ano. A oportunidade é única por múltiples razóns. O respira! celébrase habitualmente arredor do 21 de marzo –o Día Mundial da Poesía– e resulta case un xogo de prestidixitación este tránsito entre o equinoccio de primavera e o solsticio de inverno. E tamén será excepcional ver a Rodrigo Cuevas nun formato íntimo.

As entradas pódense reservar unicamente no mesmo día do recital. Están dispoñibles a partir das once da mañá na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C, situado na Praza de Cervantes. Tamén se poden retirar no propio teatro desde unha hora antes do acto.

Continuar lendo “Unha oportunidade única e festiva para celebrar a poesía na noite máis longa”

Falta menos! Mañá martes saen as entradas do recital ‘A poesía dá a nota’ con Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente

Xa falta menos! Dentro dunhas horas –ás once da mañá do martes día 21– abriranse o despacho de billetes e mais a web do Concello de Santiago para que podados reservar as entradas de A poesía dá a nota, recital que pecha o programa de 2020 do Alguén que respira! Será un acto lúdico para celebrar a noite máis longa do ano no solsticio de inverno con Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente.

As entradas pódense retirar unicamente o mesmo día do recital a partir das once da mañá na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C, situado na Praza de Cervantes. Tamén se poden retirar no propio teatro desde unha hora antes do recital.

En A poesía dá a nota, unha producción promovida polo propio festival, confñúen as propostas de dous artistas que actualizaron –sen complexos– os códigos musicais de dúas culturas minorizadas: a asturiana e a galega. Mentres Rodrigo Cuevas propón a súa singular viaxe pola pouso popular do folclore astur, Projecto Mourente fixo unha serie de versións lounge e discotequeiras de poemas publicados por Lorena Souto, Ana Romaní, Francisco Cortegoso, Carlos Callón ou Lois Pereiro.


 

O engado das versións que Mourente fai de Romaní e Lorena Souto

En primicia, ofrecémosvos dúas das pezas que Projecto Mourente interpretará o martes 21 de decembro no Teatro Principal de Compostela dentro do recital A poesía dá nota que organiza o festival Alguén que respira!. Trátase de días gravacións do ensaio que realizou o creador pontevedrés esta mesma semana con poemas de Ana Romaní e Lorena Souto.

Ana Romaní:

Lorena Souto:


 

Proxecto Mourente inspírase na poesía de Fran Cortegoso, Ana Romaní, Lois Pereiro, Lorena Souto e Carlos Callón

A poesía de Ana Romaní, a de Francisco Cortegoso, Lorena Souto, Carlos Callón ou Lois Pereiro foron a inspiración do recital que este martes día 21 presenta no festival Alguén que respira! o heterodoxo Projecto Mourente [alcume baixo que traballa Carlos Valcárcel]. O recital, que comenzará ás 20,30 no Teatro Principal de Compostela e no que tamén participa Rodrigo Cuevas, é un encargo do propio festival que el desenvolve na fusión de ritmos e latitudes onde non faltan o beats discotequeiros e que lle dan sempre aos traballos de Mourente o seu particular selo. Carlos Valcárcel é profesor e investigador na Universidade de Vigo. Desenvolve a maior parte do seu labor na Facultade de Educación do campus de Pontevedra, onde ensina didáctica das linguas segundas e estranxeiras. Nos últimos anos, Valcárcel participou en proxectos de moi diverso tipo, desde a xeración automática de texto até a cooperación con Latinoamérica para fomentar o traballo colaborativo, pasando pola elaboración de diccionarios electrónicos multilingües.

Continuar lendo “Proxecto Mourente inspírase na poesía de Fran Cortegoso, Ana Romaní, Lois Pereiro, Lorena Souto e Carlos Callón”

As entradas para ‘A poesía dá a nota’ só se poderán reservar o mesmo día do recital

As entradas para o recital A poesía dá a nota poderanse retirar unicamente o mesmo día do acto, que se celebra o martes 21 de decembro a partir das 20,30 horas no Teatro Principal. Estarán dispoñibles desde as once da mañá na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C, situado na Praza de Cervantes. Tamén se poden retirar no despacho do propio teatro desde unha hora antes do recital.

Con A poesía dá a nota clausúrase o martes 21 de decembro no Teatro Principal de Compostela o festival Alguén que respira! 2021. Nesta edición, que se celebrou en catro xornadas desde o 21 de marzo, o respira! organizou un peche festivo con dous artistas de grande forza musical, o galego Projecto Mourente e o asturiano Rodrigo Cuevas, un dos creadores máis carismáticos dos xurdidos nos últimos anos en España. Ambos darán un particular percorrido, respectivamente, pola poesía galega e a asturiana. Será unha descarga de alegría común en medio desta crise individualista na que nos demerxeu a pandemia.


 

‘A poesía dá a nota’, un peche lúdico para o Alguén que respira! con Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente

A poesía dá a nota é o título do recital que clausurará o martes 21 de decembro no Teatro Principal de Compostela o festival Alguén que respira! 2021. Nesta edición, que se celebrou en catro xornadas desde o 21 de marzo, o respira! articulou  un peche festivo con dous artistas de grande forza musical, o galego Projecto Mourente e o asturiano Rodrigo Cuevas, unha das personalidades máis carismáticas que se revelaron nos últimos anos en España. Ambos farán, respectivamente, un particular percorrido pola poesía galega e a asturiana. Será unha descarga de alegría común en medio desta crise individualista na que nos demerxeu a pandemia.

 

Continuar lendo “‘A poesía dá a nota’, un peche lúdico para o Alguén que respira! con Rodrigo Cuevas e Projecto Mourente”

Tres poetas que falan mais alá do papel

No programa de Atravesei a cerca, que se celebra este mércores 22 de setembro, participan artistas de forte personalidade, posuidores dunha obra tan intensa como aprezada, pola crítica e os afeccionados. O galego Sechu Sende recitará os seus poemas ás 19.30 no xardín da Maceta. Javier Peñafiel falará na terraza do centro da Trisca ás 20 horas. E Castillo Suárez estará ás 20.30 no museo ao aire libre de Berto Leis.

 

Séchu Sende adoita dicir que naceu en Padrón no ano 1972 e que falecerá no Courel en 2074. Escritor, sociolingüista, regueifeiro e profesor, Sende tamén se presenta como domador de pulgas no Galiza Pulgas Circus e activista social. Alén disto, é unha perso- nalidade relevante da poesía galega, aínda que a súa sona popular lle viñese da man da novela Orixe (2004), premio Blanco Amor de novela e polos relatos de Made in Galiza (2009), premio Ánxel Casal e libro do ano. A súa obra, traducida a varias linguas, ecoou no audiovisual, no teatro, na música e en diferentes manifestacións pop, desde camisolas e roupa infantil até tatuaxes ou botes de marmelada do Courel, chuletas para exames e pintadas. Boa parte da súa obra, como a serie Passamontanhas, está nas redes sociais. A Re- pública das Palavras (2015) é o seu último libro en papel. 

 

Javier Peñafiel [Zaragoza, 1964] percorre coa súa creación un camiño que bordea a propia arte, a performance, a poesía e o teatro. Poucos artistas como el optan por unha obra tan porosa e merecen tanto o cualificativo de multimedia. os seus traballos adoitan ser proxectos de longa duración –como egolactante (1997-2007), agencia de intervención en la sentimentalidad (1997- 2001) ou Latido antecedente (2009-2013)– pero tamén produce e edita pezas puntuais ou escribe obras teatrais para vídeo, entre as que destacan Tragedia de las corporaciones. Ignorancia (2000), Voz contraria (2009) e Palacio polifonía (2010). desde 2010, céntrase no que denomina Confedramas, propostas híbridas de voz e texto, onde o vídeo se emprega como dispositivo parateatral.

 

Castillo Suárez García naceu en Navarra (Altsasu, 1976) e escribe unicamente en éuscaro, idioma no que publicou tanto poemas como literatura infantil, ademais de artigos de opinión e entradas nun blog chamado Iparraldeko neska (a rapaza do país do norte) no que debroca a súa experiencia coa escrita, propia e allea. O seu último poemario, Irautera (2019), foi traducido ao galego por Isaac Xubín, que cualifica este prodixioso libro como un “tratado de botánica do amor”, sobre especies resistentes ou invasoras “que tentan sobrevivir nunha paraxe que é abrupta e boscosa, fermosa e crúa ao mesmo tempo”. 


 

Descobrindo coa poesía novos mapas da cidade de Compostela

Tres espazos case descoñecidos –ou mesmo inéditos– do barrio de San Pedro e tres poetas de voz poderosa. Esa é a proposta de Atravesei a cerca, sección do festival Alguén que respira! que intenta servir de cartografía exploratoria de Compostela. O programa comeza ás 19.30 no xardín da Maceta con Séchu Sende, continúa ás 20 horas na terraza do centro sociocultural da Trisca con Javier Peñafiel e conclúe ás 20.30 no museo ao aire libre do artista forxador Berto Leis, na rúa rúa Pablo Leis, unha calella transversal á Costa do Vedor. As únicas 25 entradas do percorrido estarán dispoñibles para as 25 primeiras persoas que cheguen á Maceta.

O programa do respira! para setebro iniciouse o martes 21 no Teatro Principal co recital O ruído do lume, unha acción poética que se aproximaba á historia recente da poesía galega a través dalgunhas voces que, precisamente, a converteron nun fenómeno internacional. Era unha oportunidade única para sentir nun mesmo espazo a Alba Cid, Andrea Nunes, Miriam Ferradáns, Yolanda Castaño, Elvira Ribeiro Tobío, Eva Veiga, Olga Novo, Chus Pato, Luz Pichel e Luz Fandiño. E a resposta das espectadoras e espectadores resultou masiva. Foi, sen dúbida, un dos grandes acontecementos da historia deste festival que naceu hai catro anos e que en cada edición rexistra un cheo total nas súas actividades.

Para pechar o programa de setembro, co que celebramos o equinoccio de outono, Atravesei a cerca sae ao exterior do Teatro Principal [sede oficial do festival] e lévanos por espazos do barrio de San Pedro. Neste percorrido tan especial descubriremos tres horizontes moi distintos de Compostela. Para moitos, será unha gran sorpresa, non só física senón tamén intesa pola personalidade dos tres artistas que os acompañarán na súa experiencia.

No xardín da Maceta, achegarémonos ás zonas verdes interiores, tan prezadas tradicionalmente nunha cidade abigarrada e de clima cambiante. Logo, iremos á terraza do centro sociocultural da Trisca, a gran atalaia desde a que descubrir a confluencia histórica da capital galega coas montañas que rodean e o val da Amaía ao fondo. Para acabar, o programa trasládanos a un espazo verde de maza, no límite xa da zona histórica compostelá. Pero non é un espazo calquera senón o museo de Berto leis, herdeiro dunha estirpe de forxadores que houbo nesta área –incluíndo a rúa das Fraguas– e que desenvolve desde hai anos en silencio unha obra persoal de evocación surrealista. O seu museo ao aire libre é unha das xoias ocultas do país. Por vez primeira convértese en espazo visitable.


 

As entradas para ‘O ruído do lume’ pódense sacar desde as once da mañá

Todo está listo para este martes, a partir das 19.30, se levante o pano do Teatro Principal de Compostela e acoller a terceira xornada do festival Alguém que respira! 2021. O ruído do lume [A palabra en combustión de dez poetas galegas] é o título do recital de hoxe, no que participan Olga Novo, Chus Pato, Eva Veiga, Luz Fandiño, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Andrea Nunes, Luz Pichel, Alba Cid e Miriam Ferradáns. A voz de Ana Romaní será a encargada de introducir o que é, sen dúbida, o acontecemento poético da temporada.

A partir das once da mañá deste día 21 pódense retirar as entradas do recital a través da web compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C da praza de Cervantes e no despacho de billetes do propio teatro desde unha hora antes de que comece O ruído do lume.

Para o día 22, está previsto un programa especial co que se celebra o equinoccio do outono baixo o lema Atravesei a cerca, onde lerán os seus poemas Séchu Sende, Castillo Suárez e Javier Peñafiel. A entrada a este programa está restrinxido ás primeiras 25 persoas que cheguen ao xardín da Maceta, onde comezará un percorrido poético por varios espazos singulares do barrio de San Pedro.


 

Un festival con grande “esixencia de calidade”

O festival Alguén que respira! presentouse onte luns no Concello de Compostela, nun acto no que participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director do ciclo, Antón Lopo. Menores Mercedes

Mentres Mercedes Rosón salientou o arraigo que o respira! acadou nas súas catro edicións e a dinámica impulsada polo concello para manter a actividade cultural durante a pandemia, Valentín García amosou o seu compromiso cun programa que como o do respira! “se articula sobre unha grande esixencia de calidade”. Pola súa banda, Lopo puxo de relevo a vontade de que o festival se converta, con cada nova edición, nunha referencia como de diversidade e apoio ás minorías. Neste sentido, avanzou que a edición do 2022 terá un espazo específico para a poesía queer, nun momento no que –dixo– asistimos a unha “terrible vaga homófoba”.

O festival comeza este martes día 21, ás 19.30, no Teatro Principal co recital O ruído do lume e. Nel participan, Olga Novo, Chus Pato, Eva Veiga, Luz Fandiño, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Andrea Nunes, Luz Pichel, Alba Cid e Miriam Ferradáns.

O mércores 22 continúa –tamén a partir das 19.30– con Atravesei a cerca, que se celebra en tres espazos singulares do barrio de San Pedro: o xardín da Maceta, a terraza do centro socicultural da Trisca e no museo ao aire libre do ferreiro Berto Leis. Neses espazos lerán os seus poemas o galego Sechu Sende, o aragonés Javier Peñafiel e a navarra Castillo Suárez.

 


 

Tres poemas inéditos de Elvira Ribeiro Tobío, Eva Veiga e Andrea Nunes Brións

e se agora fose / o momento de acuñar a moeda / dun tempo futuro /  e non houbera nada capaz de imprimir / un trazo de inocencia un átomo / de espada felicidade / para que boca fermentamos / a dolorosa uva para que vento / prememos coas nosas mans o sol?“. Estes versos escribiuno Eva Veiga e aparecen no libro do festival Alguén que respira!, que terá lugar en Compostela os dçias 21 e 22 de setembro. Os versos forman parte das prezadas achegas inéditas que ofrece o libro, como as de Elvira Ribeiro ou Andrea Nunes.

Eva Veiga (ombre, Pontedeume, 1961) é unha das poetas que conseguiu construir non só un proxecto literario senón tamén unha voz poética en acción. Xunto aos músicos Fito ares e Bernardo Martínez e o pintor Alfonso Costa forma parte do grupo Ouriol, co que realiza recitais e espectáculos multidisciplinares dende o ano 2000. Asemade, como actriz, intervén nos filmes A cicatriz branca e Nación da directora Margarita Ledo. Entre os seus poemarios figuran Fuxidíos (1993) e A distancia do tambor (2014). No ano 2020, publicou con Baldo Ramos Quérote canto, polo que recibiron o Losada Diéguez á creación literaria.

Elvira Ribeiro Tobío (Cunchido, Cerponzóns, 1971) asomouse á poesía galega ao raiar o século XXI e desde entón sigue fiel á súa vocación de axitadora de conciencias e de corpos. En 2005 publicou o seu primeiro libro individual, Andar ao leu, a partir do cal desenvolveu unha traxectoria interdisciplinar e apaixonada, con títulos como Arxilosa (2005), Palabras brancas (2008), Biografía da Multitude (xunto con Silvia Penas, 2009), carnia haikai (2012), corpos transitivos (2013), As redes de Inés (2014), Maruja Mallo (2017), Welcome to Sing Sing (2017), Ola!, son un bicho bóla! (2019) ou Mar de mazá (2020).

Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) constrúe unha poesía vinculada ao activismo feminista, cunha clara aposta pola diversidade sexual e corporal. Asegura que cada vez se sente máis consciente dos seus privilexios como persoa cis, euro-branca e continúa –engane– “descolonizando” o seu pensamento e as súas relacións. Corrente de esquecemento (2007) foi o seu primeiro libro, ao que seguiu Todas as mulleres que fun, un dos grandes éxitos editoriais do ano 2011. O seu último poemario, Diáspora do amor balea, escrito canda María Rosendo, gañou o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2017.


 

Un adianto no libro do festival da poesía que está a escribir Olga Novo

Como en cada edición, o festival Alguén que respira! publicará un libro coas biografías e poemas das persoas convidadas, deseñado como é habitual por Manuel Martínez. Este ano, unha das maiores achegas faina Olga Novo, que introduziu no libro un dos seus máis recentes poemas, inédito e vibrante como o é boa parte da sua obra. O texto serve de adianto á que será a nova obra da poeta. Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, 1975) é unha presenza de grande impacto na poesía e no imaxinario literario galego. Filla de labregos, poeta, ensaísta, tradutora e crítica literaria, exerce a docencia no ensino secundario. O vitalismo, a utopía, a liberación feminista, o revolucionario poder cognoscitivo da poesía, o seu carácter visionario e radical, a autenticidade da escritura, a memoria rural e a pulsión telúrica son temas queridos á autora, tanto na súa poesía coma no ensaio. Publicou como poeta A teta sobre o sol (1996), Nós nus (premio losada diéguez, 1997), A cousa ver- mella (2004), Cráter (Premio da Crítica española, 2011) e Feliz Idade (Premio da Crítica galega, da Crítica española e Nacional de poesía). Traducida a diversas linguas, en castelán viron a luz a antoloxía persoal Los líquidos íntimos (2012) e Felizidad (2020).


 

O esperado recital de Chus Pato

Entre as poetas que participan o día 21 en O ruído do lume, sen dúbida Chus Pato (Ourense, 1955) é unha das mais esperadas. Para o respira! preparou un recital moi especial, que sorprenderá á asistencia. Entre 1991 e 2019, Chus Pato publicou once poemarios, entre eles m-Talá (2000), considerado un libro fundamental na renovación discursiva do seu tempo. A súa audaz obra foi traducida a varios idiomas e recollida en decenas de antoloxías nacionais e internacionais. É a primeira poeta galega convidada a deixar a súa voz gravada na Woodberry Poetry Room da Universidade de Harvard. Recentemente publicou en castelán a súa Poesía reunida (voluménes I-II) e acaba de aparecer a edición crítica de m-Talá da man de Carlos Lema. O seu último poemario (2019) leva por título Un libre favor.