Poesía de resistencia

“Se ao comezo non me atopas tampouco te decepciones.
Se non estou neste lugar concreto busca noutro.
Nalgunha parte estou a agardarte”

[Walt Whitman]


 

Poesía de resistencia

“Sei dun atallo cara a un mariñeiro / a mente a escumar na praia”

[Andrew McMillan]


 

Poesía de resistencia

“Está sendo o día.
De aquí a un pouco as cousas
terán cada unha un perfil,
verase claro”

[Luz Pichel]


 

Poesía de resistencia

“Pousámonos na terra coma neve,
da que ninguén di que cae vencida”

[Jesús Castro]


 

Poesía de resistencia

“Hai épica.
Con pé á frente devala o teu peso. Es lixeiro.
Continúa”

[Francisco Cortegoso]


 

Poesía de resistencia

“E aquí estamos nós estamos
a pesar dos mecanismos que segregan sombra
a pesar dos sistemas cegos da noite
a pesar do labirinto e do pozo dun século negro”

[Miguel Anxo Fernán Vello]


 

Poesía de resistencia

“Inventaremos frustradas descobertas
a barlovento dos horizontes
pra acelerar os abolidos corazóns
dos nosos veleiros defraudados”

[Manuel Antonio]


 

Poesía de resistencia

“Centinelas da noite
agarramos a alba e resistimos”

[Celso Emilio Ferreiro]


 

Versos e voces que se tocan. Peza sonora colectiva [7]

Cando todo obriga ao illamento, neste Respira! virtual [Poesia contra o coronavirus] propuxémosvos facer unha peza colectiva, que é a que imos subindo á web estes días. Versos en voces para configurar un corpo sonoro que é memoria e é acción. Voces que se tocan, agora, cando apenas nada se pode tocar. O punto de partida é a peza sonora que Ana Romaní e Chus Silva preparaban para a performance Corpus Literarios do festival. A proposta é esta: facédenos chegar un audio cun verso gravado na vosa voz, poden ser vosos ou de outr*s, inéditos ou publicados, históricos ou víricos. Con eles, creamos estas pezas sonoras con versos e voces que se tocan para este corpo que Respira!

Esta é a sétima da serie: