Brigitte Vasallo e ‘A diáspora coma experiencia queer’

A diáspora coma experiencia queer é o título da intervención que preparou Brigitte Vasallo para o festival Alguén que respira!, que se celebra en Compostela entre o 13 e o 21 de marzo. Filla de emigrantes galegos en Barcelona, Vasallo é unha das participantes na sección de debates matutinos do festival, que se realizarán arredor dun café no ambigú do Teatro Principal, sede do respira!A súa obra céntrase en investigar as formas de alteridade, con especial interese na dife-renza sexual e a construción nacional. Foi traducida a varios idiomas e dá clases como invitada en universidades que, como ela subliña, “non me aceptarían como alumna”.

Ademais de Vasallo, a sección contará cos testemuños de activista clave na investigación das identidades como Alberto Mira, Daniela Fernández, Paulo Filgueiras e Elizabeth Duval.

O festival, que se inicia o domingo día 13 cun recital de Alejandro Palomas, ofrecerá na súa quinta edición unha panorámica sobre a poesía e a reflexión dos corpos, as disidencias e o desexo, eixo central do programa. Serán cinco días de versos, reflexión e música –Rodrigo Cuevas é o encargado de “dar a nota” xunto a Projecto Mourente– cos que Compostela celebra o Día Mundial da Poesía.


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará