Carlos Spuch condúcenos polo labirinto do Alzheimer, a memoria e a literatura

O Alguén que respira! ten como tema central desta edición a MEMORIA e para abrir o programa nada mellor que adentranos no estado onde a memoria se transforma radicalmente ata o esquecemento: o alzheimer. O ambigú acolle un café onde estarán Isabel Gey, a presidenta de AGADEA ( a Asociación Galega de Enfermos de Alzheimer) xunto a Carlos Spuch, unha figura clave na difusión dunha cuestión que se converteu en protagonista da sociedade actual. O título non pode ser máis suxerente: Alzheimer, memoria e literatura.