Celso Sanmartin sube o público do festival ao escenario na súa nova peza


Unha das estreas máis agardadas do Alguén que respira! é, sen dúbida, Sentadas na beira do escenario cos pés colgados, unha peza ideada por Celso Fernández Sanmartín para esta cita poética, a máis importante da axenda anual en Galicia. Alguén que respira!, denominación do Festival para Corpo Principal que se celebra en Compostela entre o 18 e o 21 de marzo, presenta un cartel con cincuenta creadoras e creadores, nunca aposta sen precedentes no panorama poético peninsular.

Sentadas na beira do escenario cos pés colgados estréase o venres 20 de marzo no Teatro Principal dentro de Atravesei a cerca, un dos programas máis exitosos deste festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Compostela coa colaboración da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia. Neste programa, distintos ámbitos do edificio que ocupa o teatro acollen unha serie de accións individuais nun percorrido que é á vez descuberta poética e esculca espacial. Celso

Celso Fernández Sanmartín estará acompado no programa por catro poetas de grande personalidade, Rosalía Fernández Rial, O Leo, David Trashumante e Carlos Quiroga.

En Sentadas na beira do escenario cos pés colgados, Sanmartín sae do seu espazo confortable de contador para regresar á linguaxe poética nesta performance hí brida, fusión de oralidade, vídeo e eficacia física. un programa limitado a corenta persoas para unha experiencia única dentro do festival

Fume e vídeo: Samuel de Zobra
Recitar, cantar, contar: Celso Fernández Sanmartín