Corenta creador*s de múltiples disciplinas, aglutinad*s pola poderosa argamasa da poesía, paricipan na novena edición do Alguén que respira!, que comeza o vindeiro mércores 18 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Poetas, cineastas, científicos, novelistas, divulgadores, artistas, músicos e activistas reúnense durante catro días –ata o sábado 21 de marzo– para celebrar a poesía como motor de pensamento e de sociedade. O programa divídese, a liñas xerais, en recitais que se celebran diariamente nas distintas dependencias do teatro e faladoiros matutinos sobre as vertentes da memoria, tema central da edición.
