As entradas para asistir o 21 de marzo ao recital inaugural do festival Alguén que respira! estarán dispoñibles desde este martes, día 16, na billetería do Teatro Principal e mais na web www.compostelacultura.gal. O aforo, polo protocolo sanitario da covid-19, é limitado. As entradas reservadas deberán retirarse antes das sete da tarde dese mesmo día 21, hora na que comeza a lectura do Manifesto do Día Mundial da Poesía, que realizará desde o balcón do teatro o seu autor, Manuel Rivas. Se non se retiran nese horario, serán postas de novo na billetería.