Diego Horschovski [Poesía contra coronavirus]

Poeta, músico e filósofo, diego horschovski é presentador e organizador de Poetry Slam Compostela, do encontro de Poesía e Microrrelato Compostela e dos eventos de divulgación filosófica Filosofía a Pé de Rúa. Exdirector da que foi a revista filosófica Lume, participou na residencia literaria Ámeto Mítico da Fundación Uxío Novoneyra. Publicou dúas antoloxías poéticas xunto a dezaoito poetas galegas nos anos 2016 e 2017. A poesía, segundo el mesmo defende, é unha ferramenta de comunicación, de memoria e de transformación.