
O Teatro Principal de Compostela acolle este venres un recital insólito: o de catro estrelas da música galega que chegan ao Alguén que respira! atraídas pola gravitación da poesía. Trátase de Faia, Guadi Galego, Woyza e Nuno Pico, que ofrecerán un programa onde a música se mestura coa poesía para ofrecernos unha programa irrepetible. Será a partir das oito e media da tarde. Estamos ante unha noite histórica!
