A web do festival ofrece na lapela Unidade Didáctica un material preparado por Lara Rozados para celebrar las aulas o festival e exercitar as capacidades do alumnado na poesía oral. A poesía como arte de acción, mobilizadora, transformadora, poderosa, en diálogo coas artes e co coñecemento, cos teatros, cos bares e coa rúa, coa música, coa performance, co papel impreso e coa oralidade. O 21 de marzo foi escollido como Día Mundial da Poesía pola UNESCO, no ano 1999. O festival creouse hai catro anos. Nas tres edicións precedentes realizaron o manifestó da xornada María Xosé Queizan, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza. Este ano o encargado é Manuel Rivas.