Lupe Gómez volve recitar en público tras anos de silencio poético

Unha das oportunidades que nos ofrece este ano o festival Alguén que respira! é a de escoitar recitar a Lupe Gómez tras anos de silencio. A autora de libros referenciais da poesía galega contemporánea como Pornografía ou Camuflaxe participa dentro do recital inaugural do sábado día 19 xunto a Beatriz Chivite, Manuel Rivas, Renato Filipe Cardoso, Blanca Llum e Ada Salas, unha das propostas excepcionais do festival.

Despois dunha longa temporada de silencio que se pechou coa aparición de Camuflaxe no ano 2017 –título que lle valería o Premio da Crítica Española– Lupe Gómez vive un período de expasión creativa coa publicación de varios libros, a tradución dos seus poemarios referenciais e a consecución de distintos galardóns. De feito, acaba de recibir o Premio da Selic e o Rosalía de Castro por obras inéditas que chegarán ás librarías nos próximos meses e que son, precisamente, das que lerá o día 19 no Principal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará