Manifesto de Luz Pozo Garza no Día Mundial da Poesía

Luz Pozo Garza, unha figura que percorre case un século de poesía galega, foi a encargada de redactar este ano o Manifesto do Día Mundial da Poesía, que poderedes atopar na lapela do menú desta web. “Si, existe un centro activo”, escribe Luz Pozo e ese centro é o poema. “Todo quere ascender e concentrarse. Desde o fragmentario que se integra na rosa”.

Luz Pozo deixou na literatura a pegada dunha muller que esculca os símbolos ocultos da palabra e da sensualidade. Por momentos, incluso lúe a expresión mística para extraerlle ao poema esa esencia luminosa de quen camiña con firmeza na escuridade do mundo. Poeta en galego desde 1952, cando publica O paxaro na boca, os seus libros desenvolven en paralelo á súa exeperiencia vital a intensidade das súas inquedanzas, en especial a da busca da liberdade e mais do sublime. Aínda en activo a pesar da súa idade, Pozo Garza deu títulos clave da lírica galega contemporánea, como As todas palatinas (2005), Deter o día cunha flor (2009) ou máis recentemente Rosa tántrica (2016).