Manifesto do Día Mundial da Poesía 2021: Poesía fronte a bioperversidade

Manuel Rivas

Alguén que respira!, o festival de poesía de Compostela, comeza a súa andaina o próximo domingo 21 de marzo coa lectura do Manifesto que escribiu Manuel Rivas para celebrar o Día Mundial da Poesía. Será ás 19 horas no balcón do Teatro Principal como inicio do recital + ou – 21 [anos], un encontro que reunirá en Galicia ás voces máis esixente novas da poesía peninsular nas súas distintas linguas.

O manifesto de Rivas, titulado Manifesto da des-extinción, é un texto rebelde para “un tempo de emerxencia no mundo” e tamén un chamamento para converter a poesía nun “activismo de des-extinción” que berra na primavera: Non hai tempos nortos!.

Rivas fai un chamamento de intervención directa nun “rumbo de horizontes enfermos” onde a poesía é “o primeiro e o último faro”. Un tempo de “bioperversidade” fronte á biodiversidade da palabra poética, que é “sempre colabroativa, dunha soidade compañeira, mesmo no desacougo máis radical hai que un dicir ultimo: Non aos tempos mortos!”. Un tempo de servidumes fronte aá resitencia da poeía. Un tenpo de produción da mentira fronte ao “activiso da verdade” , fronte á “palabra que bate onde doe o dente”.

A poesía, en palabras do do autor do Libro do entroido, “trousa, vomita, rebélase, interpela aos señores e deuses, do poder real ou da mitoloxía, mais nunca fai estragos. todo é de proveito, mesmo a súa rabia. é excitación creativa, xermola, lanza luces na escuridade. o que a poesía ten de rabia, de noxo, de vergoña, vai atemperada, pola súa natureza poética, pola ironía, a burla ou a compaixón”. 

Trátase dunha poesía, engade, na que xermola “toda revolta” , unha “óptca da sensibilidade, para o individuo e a sociedade” que permite ver o que non está ben visto”. E por iso é “dunha indolcilidade cósmica”.

“Quen pretenda protexer a peosía, ignora que a poesía é a que nos protexe. Quen a considere innecesaria, ignora que é imprescindíbel”, coclue Manuel Rivas nun manifesto onde hai sal, terra e “honorábel e sublime esterco” onde levedan as palabras.

O texto íntegro do manifesto aparece na publicación do festival, que ese día 21 de marzo se lle repartirá aos asistentes.

Alguén que respira! , organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, chega á cuarta edición readaptando o seu calendario ás continxencias da pandemia pola covid-19. Sen perder a referencia do 21 de marzo, cando se celebra o Día Mundial da Poesía e o equinoccio de primavera, o festival exténdese ao longo do ano en catro xornadas que lle pemiten adaptarse aos progresivos protocolos sanitarios. Deste xeito, o Teatro Principal de Compostela, sede do festival, acollerá un programa adaptado ás circunstancias sanitarias que correspondan o domingo 21 de marzo, o luns 21 de xuño (solsticio de verán), o martes 21 de setembro (a unhas horas do equinoccio de outono) e o martes 21 de decembro (solsticio de inverno). En cada xornada haberá, ademais, eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e desde a organización xa anuncian que haberá propostas inesperadas.

O obxectivo é preservar, na medida do posible, seccións características de edicións anteriores, como Atravesei a cerca (un percorrido polos espazos máis recónditos do Teatro Principal) ou o apartado de producións propias.


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará