
Mario Elías Blanco Boullosa, un alumno da Universidade de Santiago de Compostela, resultou o gañador da IV edición do Premio do festival Alguén que Respira! de poesía para estudantes universitarios, que este ano tiña como tema A memoria. O seu poema, polo que recibirá 600€, titúlase Onte fomos nenos e xa non e foi elixido por unanimidade no xurado, ao igual que ocorreu co resto dos apartados do galardón. Blanco Boullosa, estudante de 5º de Dobre Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación. O xurado dos premios estivo formado por Anxos Sumai, Iris Cochón e Soedade Noia. O secretario foi Antón Lopo, director deste festival organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta.
