O festival Alguén que respira! inaugúrase no Teatro Principal de Compostela o día 18 de marzo, ás oito da tarde, co tradicional recital no que conflúen distintas linguas ibéricas, este ano presentado co título Tres poetas para a eternidade. Sobre o escenario poderanse escoitar tres voces escintilantes das literaturas en vasco, catalán e galego: Miren Agur Meabe, recente Premio Nacional de Literatura, María Callís Cabrera e Ana Romaní. Un programa que nos conduce por tres poéticas consagradas nos últimos anos e nos abre as portas para o percorrido dos corpos en disidencia.
Miren Agur Meabe (lekeitio, 1962) é unha das voces máis persoais da poesía en éuscaro, autora de libros como Nola gorde errautsa kolkoan (Como gardar cinsa no peito) que lle valeu o Premio nacional de Poesía no ano 2020. Tamén publicou, ademais de varios volumes de relatos, a novela Kristalezko begi bat (Un ollo de cristal). No festival, avise proxectar a tradución dos seus poemas ao galego, realizada por Isaac Xubin.
Maria Callís Cabrera (Girona, 1983) é a autora de tres libros libros de poemas que a converteron nunha figura imprescindible da poesía catalana contemporánea: Jonàs (Premio Amadeu Oller para novos poetas inéditos, 2004), La matinada clara (2009) e La ciutat cansada (Premio Carles Riba de poesía, 2016). Os seus poemas que lerá, e que tamén se proxectarán na pantalla do Teatro Principal, foron traducidos ao galego por Alicia Fernández.
Ana Romaní (Noia, 1962) é unha activista da cultura galega, á que lle deu unha escintilante obra poética, proxectos de ousada vangarda e o Diario Cultural, un fito da Radio Galega, e do periodismo radiofónico galego, que dirixiu entre 1990 e 2018. É autora dos libros Palabra de Mar (1987), Das ultimas mareas (1994), Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005), Estremas (2010) e A desvértebra (2020).
Para reservar as entradas, que estarán a disposición do público desde as once da mamá do día 18 e son gratuítas, recomendase utilizar este link:
www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/tres-poetas-para-eternidade