Amosar as posibilidades híbridas entre a poesía e a música foi o obxectivo do festival Alguén que respira! Para propoñerlle a Mercedes Peón unha pesa singular que se estrease no festival. A artista, unha das figuras máis admiradas da música popuar galega actual, ofrece deste xeito Linguas elementais, unha investigación de desbordante poder sonoro na que colabora, principalmente, con María Reimóndez, pero na que tamén se poderán albiscar os versos doutras poetas, como Yolanda Castaño ou Sukirtharani.
Alguén que respira!, denominavción do Festival para Corpo Principal que se celebra en Compostela entre o 18 e o 21 de marzo, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Compostela coa colaboración da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia, e inclúe ademais outras tres estreas de produción, realizadas por Celso Fernández Sanmartín, Pablo Fidalgo e o propio festival, ademais da estrea en Galicia de “Salt itinerary” de Miguel Azguime ou a presentación de “Que hostia din os romurosos” do lendario colectivo Romepnte.
Linguas elementais, título do espectáculo que Mercedes Peón e María Reimódez presentan o sábado 21 de marzo a partir das nove da noite, é un espectáculo emocional e político, unha especie de escena sonora onde con unen a palabra de REiMÓndEz e a música de PEÓn, dúas artistas que nunca renuncian ao risco de mergullarse en territorios descoñecidos. Palabra dende a poesía e a prosa, dende os sons feitos letras, a coherencia relacional dende a amizade, a sororidade e a conciencia social. Actuación inédita e irrepetible de dúas contempo- ráneas que se acompañan nesta ocasión ata os seus centros creativos.