O performer, poeta e compositor portugués achega a súa exeperimentación sobre a construcción escénica da palabra
Alguén que respira!, o Festival para Corpo Principal que se celebra en Compostela entre o 18 e o 21 de marzo, estreará en Galicia salt itinerary un dos espectáculos máis celebrados do sempre inquietante creador portugués Miguel Azguime. O festival inclúe ademais desta estrea catro producións realizadas especialmente para a ocasión de Mercedes Peón, Celso Sanmartin e Pablo Fidalgo, ademais da presentación da nova proposta poética de Rompente.
Miguel Azguime actuará o día 20 de marzo no Teatro Principal de Compostela a partir das nove da noite, dentro do festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Compostela coa colaboración da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia. Azguime é un dos poetas e performers máis inquietantes da escena europea. Agora chega a galicia con salt itinerary, unha refexión sobre a creación e a loucura. trátase dunha ópera multimedia que xira arredor da linguaxe, da palabra-sentido e da palabra-son, ambas tratadas como dimensións da voz en canto extensión do corpo e totalmente integradas na construción escénica como pro- xección tanxíbel da resonancia das palabras. Audio, vídeo e procesos electrónicos en tempo real asociados á proxección espacial da voz, da poesía, do xesto, da música e do trazo, concibidos para desenvolver unha polifonía de sentidos, un contrapunto de significados e mais unha exuberancia de emocións.
Miguel Azguime: performance, composición, textos e concepto.
Paula Azguime: staging & video creation; proxección de son e live-electronics Presea Mamdillo: video directing e live video, asistente de computación.
Paula Azguime: staging & video creation; proxección de son e live-electronics Presea Mamdillo: video directing e live video, asistente de computación.
André Bartetzki: videoprogramación.
Miso Studio: desenvolvemento técnico.
Miso Studio: desenvolvemento técnico.