O estado catalán da poesía


Baixo o epígrafe O estado catalán da poesía, o festival Alguén que respira! presentará o día 20 de marzo sobre o escenario do Teatro Principal de Compostela unha panorámica da poesía máis nova que actualmente se fai en Cataluña. Deste xeito, reúne a André Targa, Blanca Llum Vidal e Pol Guasch, tres voces que representan a axitación e variedade dunha lírica en plena ebulición.

Todo está listo xa para que comece o festival Alguém que respire!, a gran cita da poesía anual da poesía en Galicia, organizado polo Concello de Santiago coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No programa previsto, unha das propostas más suxerentes é a que reúne a tres protagonistas da poesía actual en Cataluña co título O estado catalán da poesía, recital onde ofrecerán os seus poemas Blanca Llum Vidal, Pol Guasch e André Targa, poeta catalán estreitamente vinculado a Galicia, onde residiu durante algún anos.

Licenciado en Filoloxía Clásica pola universitat de Barcelona, Adriá Targa (Tarragona, 1987) traballa na educación secundaria despois de cursar o máster de profesorado en Compostela. Publicou tres libros de poesía: L’exili de Constança (2008), Boques en calma (2010), Ícar (2015) e a plaquette Liorna (2015). Tamén traduciu ao catalán Celebración de Gonzalo Hermo e ten algúns poemas publicados en Amors sense casa (2018), antoloxía lgBtQ da poesía catalá. Escribe artículos sobre literatura para distintos medios dixitais como La lectora ou Tarragona Digital.

Blanca Llum (1986) naceu na Barceloneta, medrou en Casserres (Berguedà) e agora vive no Vall de Moc de Collserola. Sempre que pode fai noite en Felanitx (Mallorca), nun lugar de anarquía e mandas. Cando se matriculou en Bioloxía dixéronlle que era unha mula malferrada, polo que ao seguinte ano comezou traballo Social e Filoloxía Catalá. Máster de Pensamento Contemporáneo cunha tesiña sobre Blanchot e Lévinas, realizou distintas traducións. Entre outros títulos, publicou La cabra que hi havia, Nosaltres i tu, Homes i ocells, visca!, Punyetera flor, Maripasoula (crónica dunha viaxe á guaiana francesa), aquest amor que no és u / este amor que no es uno (tradución de Berta garcía Faet) e Amor a la brega.

Pol Guasch i Arcas (Tarragona, 1997) é profesor de literatura e crítica da cultura na universidade de Barcelona, xestor cultural en la Sullivan (con Mireia Calafell e Sebastián Puiggrós) e estudante do Programa de Estudos independentes do MACBA. No tránsito entre Tarragona e Barcelona, le como expón a violencia Wajdi Mouawad ou como fai o engano Gabriel Ferrater, e refíctese, ao biés, na teoría de Hélène Cixous, na forma na que entende o feito de escribir desde o corpo. Concibe o risco non como unha opción, senón como necesidade imperiosa: por este motivo, os seus versos en abrollo ábrense como unha ferida moi próxima a lispector. destas voces e territorios parte o seu primeiro libro, Tanta gana, cun suxeito atónito nunha encrucillada, de ollos e mans abertas, remexendo nos petos cal é a maneira de dicir as palabras que bradan desde dentro.