O Respira! celebra os cincuenta anos da publicación de ‘Con pólvora e magnolias’

A novena edición do Alguén que respira! está dedicada á memoria e, nesa dinámica expansiva, o festival dedicará un espazo especial no seu programa para celebrar os 50 anos da publicación de Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, un libro fundamental na historia da literatura galega das últimas décadas, editado por Rompente. A celebración terá lugar o xoves 19 de marzo, a partir das 20.30, no programa Poesía para corpo principal. Nel, os poetas participantes, Xabier Cordal, Pol Guasch, Ana Rosetti, Raquel Patriarca e Miren Agur Meabe recitarán senllos poemas do libro que consagrou a Ferrín en 1976, cando botaba a andar a democracia na península ibérica.