Alguén que respira!, o Festival de Poesía para Corpo Principal que impulsa a Concellería de Cultura de Compostela, celebra a súa terceira edición entre o 18 e o 21 de marzo. O programa, caracterizado pola ambición, a calidade e a variedade, pretende xuntar a algunhas das máis escintilantes propostas da creación poética.