Pecha a selección de participantes para a performance “Corpus literario”

Este luns concluíu a selección de participantes para a performance Corpus literario, incluída no festival Alguén que respira!, que se celebra en Compostela entre os días 18 e 21 de marzo. O festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Santiago coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, preparou un amplo programa no que figura esta performance, unha singular proposta para ler poesía escrita sobre a pel. Corpus literario desenvolverase o vindeiro 19 de marzo, a partir das sete da tarde, no escenario do Teatro Principal para un número reducido de espectadores.

Seis imprescindibles da poesía ibérica encherán Compostela de poesía o 19 de marzo

Beatriz Chivite, Antonio Barahona, Chus Pato, Manuel Rivas, Pau Vadell e María Sánchez recitarán no Teatro Principal dentro da programación do festival ‘Alguén que respira!’

‘Alguén que respira!’, a gran cita anual da poesía en Galicia, celebrará o día 19, a partir das oito e media do serán, o seu tradicional recital das linguas ibéricas. Nel participan algunhas das voces máis extraordinarias que actualmente crean en vasco, galego, portugués e catalán, reunidas no escenario do Teatro Principal de Compostela para festexar a poesía a través da palabra e da voz.

Continuar lendo “Seis imprescindibles da poesía ibérica encherán Compostela de poesía o 19 de marzo”

Regueifa, slam e micro aberto: eixos da nova sección ‘Respira! Out’

O festival Alguén que respira! chega á súa terceira edición cun programa que se amplía en contidos e en espazos a través da sección ‘Respira! Out’, a gran novidade deste ano.

O ‘Respira! Out’ concentrará basicamente as propostas de matiz máis popular, dentro dun proxecto para vincular ao festival os espazos nos que habitualmente se celebran regueifas, slam ou micros abertos. Deste xeito, o Teatro Principal, espazo central do festival, prolóngase con escenarios xa clásicos do circuíto poético, como A Casa do Taberneiro ou o Riquela.

Continuar lendo “Regueifa, slam e micro aberto: eixos da nova sección ‘Respira! Out’”