Cen anos de poesía galega e dez poetas para celebrar o equinoccio de outono

Un século de poesía galega e dez poetas que cruzan o século desde o fío da II República. Ese é o escenario de O ruído do lume, acción poética que o martes día 21 se celebra no Teatro Principal de Compostela dentro do programa do festival Alguén que respira! para setembro. A acción propón descubrir a poesía galega recente a través dalgunhas voces que, precisamente, a converteron nun fenómeno internacional. Poucas oportunidades hai na vida de sentir nun mesmo espazo a Alba Cid, Andrea Nunes, Miriam Ferradáns, Yolanda Castaño, Elvira Ribeiro Tobío, Eva Veiga, Olga Novo, Chus Pato, Luz Pichel  e Luz Fandiño. Ademais delas, estará a voz da poeta Ana Romaní, que fará a introdución do acto. O programa preséntase este luns, 20 de setembro, nunha roda de prensa na Casa do Concello de Santiago ás 10.30 horas. No acto participan a concelleira de Acción Cultural. Mercedes Rosón, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do festival, Antón Lopo.

Para esta terceira entrega do respira!, organizáronse dúas xornadas, os días 21 e 22, con dúas accións poética de estéticas moi marcadas. O ruído do lume [A palabra en combustión de dez poetas galegas] é o título do recital que acollerá o Teatro Principal o día 21 a partir das 19,30. Sobre o escenario, algunhas da voces que protagonizaron os procesos internos de axitación política e cultural . Pero tamén a progresiva internacionalización da nosa poesía. Unhas naceron na II República e outras co primeiro triunfo electoral de Manuel Fraga Iribarne. Unhas loitaron na clandestinidade, outras combateron a ditadura ou concorriron en listas electorais independentistas. Foron de raíz anarquistas, do combate identitario, de esculca performática e, mesmo, manteñen o finísimo fío sanguíneo con Rosalía de Castro. Pero todas, absolutamente todas, respiran.

As entradas para asistir están dispoñibles só o mesmo día do recital. Non hai posibilidade de reservas previas. Poderán retirarse as entradas na Sala C da Praza de Cervantes, na web compostelacultura.gal ou na billtería do propio Teatro Principal desde as 18,30.

Atravesei a cerca

O día 22 de setembro, mércores, terá lugar a segunda xornada do programa de setembro, co título Atravesei a cerca. Habitualmente, esta sección esculcaba os espazos ocultos do Teatro Principal, sede do festival. Pero nesta ocasión, decidimos saír do edificio e difundir recantos pouco coñecidos da cidade. O percorrido comezará no xardín do restaurante A Maceta, ás 19.30 cos versos de Séchu Sende. Prosigue na terraza do centro sociocultural da Trisca co performer e activista aragonés Javier Peñafiel. E conclúe, ás 20.30 horas, co recital da poeta navarra Castillo Suárez no museo de Berto Leis da rúa Pablo Leis, unha escondida calella que parte da Costa do Vedor. As 25 prazas de aforo para asistir a Atravesei a cerca distribuiranse por orde de chegada ao xardín da Maceta ás 19.30.

Continuar lendo “Cen anos de poesía galega e dez poetas para celebrar o equinoccio de outono”

As entradas do Alguén que Respira! só estarán dispoñibles o mesmo día do recital

Todo está preparado para a terceira entrega do festival Alguén que respira!, organizado polo Concello de Santiago para os días 21 e 22 de setembro. Nesas dúas jornadas non só teremos oportunidade de ver e escoitar a algunhas das poetas galegas máis escitilantes dos últimos anos no Teatro Principal, senón que tamén visitaremos tres espazos case descoñecidos da cidade para presenciar as propostas de Séchu Sende, Castillo Suárez e Javier Peñafiel.

O ruído do lume [A palabra en combustión de dez poetas galegas] é o título do recital que acollerá o Teatro Principal o día 21 a partir das 19,30. As entradas para este encontro interxeracional de poetas como Luz Fandiño, Yolanda Castaño, Chus Pato ou Olga Novo poderán sacarse unicamente o mesmo día do recital, sen posibilidade de facer reservas previas. Todas as persoas interesadas en asistir deberán retirar as entradas na Sala C da Praza de Cervantes [de 11 a 14 horas e a partir das 16. Teléfono 981 542 462], retelas a través da web compostelacultura.gal ou retiralas na billtería do propio Teatro Principal desde as 18,30. As entradas son gratuitas.

O ruído do lume reunirá a boa parte das mulleres que nestes últimos anos protagonizaron un novo renacer da poesía galega. A súa forza e personalidade non só marcaron as crónicas literarias en Galicia senón que tamén se converteron en referentes peninsulares e en admiradas poetas internacionais. Ademais das poetas mentadas, o recital conta coa participación de Alba Cid, Luz Pichel, Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns, Eva Veiga e Andrea Nunes Brións. Trátase dun auténtico acontecemento que porá no escenario o fío interxeracional máis prodixioso da literatura galega.

Para a segunda xornada, a do día 22, o festival recupera a sección Atravesei a cerca, que esta vez sobarda o edificio do Principal para eculcar espazos inéditos ou case descoñecidos da cidade. Os recitais da sección, que tamén son gratuítos, celebraranse sucesivamente no xardín do restaurante A Maceta, na terraza do centro sociocultural da Trisca e no museo ao aire libre de Berto Leis, un ferreiro que creou unha sorprendente paisaxe nas hortas próximas á Costa do Vedor.

A organización decidiu para este programa que as 25 prazas de aforo se distribuísen por orde de chegada á xardín da Maceta, onde comezará o percorrido do recital ás 19,30 horas cos versos de Séchu Sende. O prograna continúa ás 20 horas na Trisca co performer e activista aragonés Javier Peñafiel. Por último, ás 20,30, a poeta vasca Castillo Suárez lerá os seus poemas no museo de Berto Leis.

Estamos xa na cuarta edición do festival, neste 2021 articulado de maneira excepcional ao longo do ano en carro programas, coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccións. O pasado 21 de marzo –Día Mundial da Poesía– o festival inaugurouse con manifesto de Manuel Rivas e un recital titulado + ou – 21 [anos], en referencia á idade media dos poetas que integran o programa, e contou coas voces de Iago González, Belén Senín, Maria Bras, Martin Bidaur, María Isern e Mario Obrero.

Xa no solsticio de primavera, o 21 de xuño,  celebrouse a segunda entrega do festival cunha sesión de regueifas polas rúas da cidade con Manuel Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto. Ese mesmo día, no Teatro Principal, Miguel Azguime representou a súa performance Itinerario do sal.


 

A explosión da voz das mulleres protagoniza o Alguén que respira! de setembro

O festival Alguén que respira!, organizado polo Concello de Santiago, celebra a súa terceira entrega do ano os días 21 e 22 de setembro con dous recitais de grande impacto. Neles, non soamentes poderemos ver e escoitar no Teatro Principal a algunhas das poetas máis escitilantes dos últimos anos en Galicia senón que tamén visitaremos tres espazos singulares da cidade para presenciar as propostas menos convencionais de tres creadores: Séchu Sende, Castillo Suárez e Javier Peñafiel.

O recital do día 21 xa é, de antemán, histórico. Co título O ruído do lume [A palabra en combustión de dez poetas galegas], o Principal reunirá a boa parte das mulleres que nestes últimos anos protagonizaron un novo renacer da poesía galega. A súa forza e personalidade non só marcaron as crónicas literarias en Galicia senón que tamén se converteron en referentes peninsulares e en admiradas poetas internacionais. Proba desa explosión son os premios nacionais que recibiron nos últimos anos Pilar Pallarés, Olga Novo ou Alba Cid, estas duas últimas presentes no recital do día 21. Canda elas estarán Yolanda Castaño, Luz Pichel, Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns, Eva Veiga, Luz Fandiño, Andrea Nunes e Chus Pato. Trátase dun auténtico acontecemento que porá no escenario o fío interxeracional máis prodixioso da literatura galega.

Para a segunda xornada, a do día 22, o festival recupera a sección Atravesei a cerca, que o ano pasado non puido celebrarse polas limitacións do protocolo sanitario. E como agora tamén habería problemas para articulalo no Teatro Principal, a organización decidiu levalo a espazos exteriores, aínda mantendo as limitacións de aforo. Deste xeito, os afeccionados terán oportunidade de visitar espazos que de maneira habitual non están abertos ao público, como o museo ao aire libre de Berto Leis, un ferreiro que creou unha sorprendente paisaxe nas hortas da Costa do Vedor. Completan os escenarios do recital a terraza do restaurante A Maceta na rúa de San Pedro e a sorprendente terraza do centro sociocultural da Trisca, na Corredoira das Fraguas.

O percorrido comeza ás 19,30 horas na Maceta cos versos de Séchu Sende e continúa ás 20 horas na Trisca co performer e activista aragonés Javier Peñafiel. Por último, ás 20,30, a poeta vasca Castillo Suárez lerá os seus poemas no museo de Berto Leis.

Nesta cuarta edición, o Alguén que respira! celébrase ao longo do ano en catro programas, coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccios. O pasado 21 de marzo –Día Mundial da Poesía– o festival inaugurouse co manifesto de Manuel Rivas e un recital titulado + ou – 21 [anos], en referencia á idade media dos poetas que integran o programa, e contou coas voces de Iago González, Belén Senín, Maria Bras, Martin Bidaur, María Isern e Mario Obrero. No 21 de xuño, foi a quenda do músico e performer portugués Miguel Azguime, ademais da sesión de regueifa con Manuel Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto. O festival  do 2021 clausurarase o próximo 21 de decembro, tras un ano de actividade.

O festival

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación e Iris Cochón na coordinación literaria.

Regueifa para intervir nas rúas

A regueifa de Lupe Blanco, Xurxo Souto, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira converteron as rúas de Compostela no escenario da máis xenuína arte poética da cultura popular galega, programada polo festival Alguén que respira!. Foi unha hora durante a que o enxeño, a habelencia, a retranca, a incisiva ollada política e o humor serviron de complicidade entre os regueifeiros e os paseantes que atoparon en prazas como Praterías ou o Toural un espectáculo inesperado. A regueifa é unha das pezas xa clásicas no festival, que aposta tanto polas formas vangardistas da poesía como polas tradicionais. As próximas xornadas do Respira! terán lugar o 21 de setembro e o 21 de dezembro. Para non perdelo!


 

A forza desconcertante de Miguel Azguime pechou a segunda xornada do festival

A escintilante proposta de Miguel Azguime en Itinerario do sal encheu onte o Teatro Principal de Compostela de atmosferas inquietantes e vibrantes, dúas palabras que definen perfectamente a ópera vangardista do compositor e performer portugués. Foi unha hora na que o despregamento técnico e a forza escénica de Azguime impactaron nos espetadores ata convertesse nunca das grandes sorpresas da temporada en Galicia. El fechou a segunda xornada do festival, organizado pola Concellería de Acción Cultural da cidade. A terceira e cuarta xornada terán lugar os días 21 de setembro e 21 de decembro, coincidindo co equinoccio de outono e o solsticio de inverno.


 

Poesía popular e ópera de vangarda para un luns de solsticio no ‘Alguén que respira!’

Todo está listo para que a poesía sexa a protagonista en Compostela do solsticio de verán, cun programa que reúne a proposta popular da regueifa e a ópera vangardista Salt itinerary de Miguel Azguime. Estamos ante o festival Alguén que respira!, que celebra este luns 21 de xuño a súa segunda xornada, dentro dun programa deslizante ao longo do ano vinculado a equinoccios e solsticios. Os próximos encontros serán o 21 de setembro e o 21 de decembro.

A xornada comezará ás sete da tarde cos regueifeiros e unha proposta singular de itinerancia polas rúas da cidade. O espectáculo, segundo as previsións, estará pasado pola choiva e por iso a organización do festival preparou cos regueifeiros unha sorpresa especial como antídoto contra os chuzos de punta. Manuel Maseda, a quen o Respira! lle encargou articular a sección, dispuxo dúas parellas que ás 19 horas partirán de dúas prazas, Praterías e Toural. No seu percorrido irán improvisando as súas regueifas ata encontrarse fronte ao Teatro Principal, onde proseguirán xuntos o seu diálogo cantado e xa con instrumentos. Xurxo Souto, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira acompañarán a Manuel Maseda. O acceso é libre.

Desde a súa primeira edición, o festival dedicou unha especial atención ao fenómeno da poesía oral popular, non só á galega senón tamén á vasca e catalá. Porén, esta é a primeira ocasión na que tanto o festival como a regueifa sae do recinto do teatro –sede do Respira!– para buscar a complicidade das rúas.

A segunda proposta do programa será ás 20,30 no Principal, que acollerá un dos espectáculos máis esperados da temporada en Galicia, a estrea de Salt itinerary, unha ópera de vangarda creada polo compositor, poeta e performer Miguel Azguime. As entradas pódense reservar a través da web compostelacultura.gal ou na Zona C. Punto de Información Cultural, na Praza de cervantes, que está aberto este domingo de 11 a 14 horas. Tamén se poden retirar na billtería do propio teatro unha hora antes de que comece o espectáculo.

Salt itinerary é unha ópera multimedia onde Azguime refexiona sobre a creación e a loucura. O seu eixo é a linguaxe –como adoita suceder no traballo deste inquiteante artista–, a palabra-sentido e a palabra-son, ambas tratadas como dimensións da voz en canto extensión do corpo e totalmente integradas na construción escénica como proxección tanxíbel da resonancia das palabras. Audio, vídeo e procesos electrónicos en tempo real asociados á proxección espacial da voz, da poesía, do xesto, da música e do trazo, concibidos para desenvolver unha polifonía de sentidos, un contrapunto de significados e mais unha exuberancia de emocións.

Azguime está acompañado por Paula Azguime [staging & video creation; proxección de son e live-electronics], Presea Mamdillo e André Bartetzki [videoprogramación]. A proposta ten desenvolvemento técnico de Miso Studio.


 

Xa se poden reservar entradas para ‘Salt itinerary’ de Miguel Azguime

Desde este xoves [17 de xuño] xa podes reservar as entradas para un dos programas máis esperados da temporada, a proposta de Miguel Azguime no Alguén que respira!, que se celebra en Compostela ao longo do ano. A segunda xornada ten lugar, precisamente, este luns día 21 de xuño, coincidindo co solsticio de verán. O día máis longo do ano levará, así, o selo deste festival de poesía que se iniciou o 21 de marzo e que se prolongorá con programas específicos o 21 de setembro e o 21 de decembro.

As entradas para ver Azguime coa súa impactante ópera Salt itinerary pódense reservar a través da web compostelacultura.gal ou na Zona C. Punto de Información Cultural, na Praza de Cervantes, que está aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Os domingos de 11 a 14 horas. Con todo, desde o Concello de Compostela, que organiza o festival, recoméndase o uso da web.

Aínda que a proposta de Azguime ten aforo limitado, o programa conta  cun espectáculo de acceso libre: as regueifas que protagonizan Xurxo Souto, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda a partir das 19 horas. Formarán dúas parellas que sairán de dúas prazas da cidade [Praterías e Toural] e virán reunirse diante do Principal, onde farán unha sesión conxunta xa con instrumentos musicais. E como, en principio está prevista chuvia, os regueifeiros téñennos preparada unha sorpresa vinculada coa posta en escena.

O respira! acolle este ano a un dos artistas portugueses máis admirados das ultimas décadas, Miguel Azguime, que estrea en Galicia Sal itinerary, unha refexión sobre a creación e a loucura. Trátase dunha ópera multimedia que xira arredor da linguaxe, da palabra-sentido e da palabra-son, ambas tratadas como dimensións da voz en canto extensión do corpo e totalmente integradas na construción escénica como proxección tanxíbel da resonancia das palabras. Audio, vídeo e procesos electrónicos en tempo real asociados á proxección espacial da voz, da poesía, do xesto, da música e do trazo, concibidos para desenvolver unha polifonía de sentidos, un contrapunto de significados e mais unha exuberancia de emocións.

Azguime está aocmpañado por Paula Azguime [staging & video creation; proxección de son e live-electronics],Presea Mamdillo e André Bartetzki [videoprogramación]. A proposta ten desenvolvemento técnico de Miso Studio.


 

Dúas rutas de regueifas para o 21: desde o Toural e Praterías ata o Teatro Principal

A nova xornada do festival Alguén que respira!, que se desenvolverá o vindeiro luns 21 de xuño, terá dous grandes protagonistas, a ópera Salt itinerary de Miguel Azguime [que se representa no Teatro Principal a partir das 20,30 horas] e unha sesión de regueifas polas prazas da cidade. Aínda que para asistir á ópera de Azguime, un dos máis poderosos performers portugueses dos últimos anos, será preciso reservar entradas, a asistencia á sesión de regueifas é en aberto.

Serán dúas parellas de regueifeiros que sairán de dúas prazas da cidade, Praterías e O Toural a partir das 19 horas. Desde esas prazas, farán un percorrido que irá tentando atrer un grupo de asistentes para a confluencia dos catro regueifeiros no Teatro Principal, que será onde conclúa o percorrido. Nesa última regueifa, ademais, utilizarán distintos instrumentos. Os catro regueifeiros que participan no festival son Manuel Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto.

No caso de que a tarde sexa de chuvia, organizouse unha sesión alternativa en diferentes espazos do propio Teatro Principal.

Desde a súa primeira edición, o Alguén que respira! fixo unha aposta clara pola oralidade e o fenómeno da regueifa. Ademais de abrirlle un espazo propio na programación, o festival incluiu espectáculos de versificadores doutras latitudes e idiomas, como os bertsolaris vascos.


O Principal celebra o solsticio de verán coa vangarda portuguesa de Miguel Azguime

Alguén que respira! acolle este ano a un dos artistas portugueses máis inquietantes das ultimas décadas, o compositor, poeta e performer Miguel Azguime, que estrea en Galicia sal itinerary, un dos seus espectáculos máis celebrados, unha refexión sobre a creación e a loucura. Trátase dunha ópera multimedia que xira arredor da linguaxe, da palabra-sentido e da palabra-son, ambas tratadas como dimensións da voz en canto extensión do corpo e totalmente integradas na construción escénica como proxección tanxíbel da resonancia das palabras. Audio, vídeo e procesos electrónicos en tempo real asociados á proxección espacial da voz, da poesía, do xesto, da música e do trazo, concibidos para desenvolver unha polifonía de sentidos, un contrapunto de significados e mais unha exuberancia de emocións.

Azguime –que actúa este 21 de xuño no Teatro Principal de Compostela a partir das 20,30 horas– está acompañado por Paula Azguime [staging & video creation; proxección de son e live-electronics],Presea Mamdillo e André Bartetzki [videoprogramación]. A proposta ten desenvolvemento técnico de Miso Studio.

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación e Iris Cochón na coordinación literaria.


 

Regueifa para celebrar a poesía no día más longo do ano co festival Alguén que respira!

O tránsito popular das rúas de Compostela e o Teatro Principal –un dos primeiros espazos de exhibición con propiedade pública que houbo no país– únense este luns día 21 de xuño para celebrar o solsticio de verán co festival Alguén que respira!, o gran acontecemento poético que cada ano se celebra en Galicia. Nas rúas será onde comece, a media tarde, o programa de regueifas, onde participan Manuel Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto, catro dos máis celebrados representantes do xénero ao que lle tributa homenaxe o festival como recoñecemento na súa contribución á poesía oral galega. Os regueifeiros, por parellas, farán un percorrido por catro prazas da cidade ata reunirse diante do Teatro Principal pouco antes de que comece a actuación [20,30 horas] do poeta e performer portugués Miguel Azguime.

Nesta cuarta edición, o festival celébrase ao longo do ano en catro programas, coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccións. O pasado 21 de marzo –Día Mundial da Poesía– o festival inaugurouse cun recital titulado + ou – 21 [anos], en referencia á idade media dos poetas que integran o programa, e contou coas voces de Iago González, Belén Senín, Maria Bras, Martin Bidaur, María Isern e Mario Obrero. Os días 21 de setembro e 21 de decembro terán lugar os próximos programas, que se articularán de acordo cos protocolos sanitarios de cada momento segundo o estadio do covid-19.


 

Lara Rozados é a autora da unidade didáctica do festival para os institutos

A web do festival ofrece na lapela Unidade Didáctica un material preparado por Lara Rozados para celebrar las aulas o festival e exercitar as capacidades do alumnado na poesía oral. A poesía como arte de acción, mobilizadora, transformadora, poderosa, en diálogo coas artes e co coñecemento, cos teatros, cos bares e coa rúa, coa música, coa performance, co papel impreso e coa oralidade. O 21 de marzo foi escollido como Día Mundial da Poesía pola UNESCO, no ano 1999. O festival creouse hai catro anos. Nas tres edicións precedentes  realizaron o manifestó da xornada María Xosé Queizan, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza. Este ano o encargado é Manuel Rivas.


 

Todos os poetas do recital + ou – 21 [anos] chegaron xa a Compostela

Maria Brás Ferreira durante o seu paseo iniciático por Compostela

O vasco Martín Bidaur foi o último dos poetas incluídos no recital + ou – 21 [anos]  que chegaron a Compostela, co que todo está preparado xa para que o pano do Teatro Principal se levante este domingo 21 de marzo e celebrar o Día Mundial da Poesía. Previamente, chegaron a catalá Maria Isern –que pasou longas temporadas en Galicia–, o madrileño Mario Obrero e a portuguesa Maria Brás Ferreira, que pisaba por vez primera Compostela.

O festival Alguén que respira! preparou para a xornada un  programa espectacular que inclúe  á chelista Barbara Switalska e a lectura do Manifesto da des-extinción de Manuel Rivas.


 

O chelo de Bárbara Switalska recibirá aos asistentes do festival

A chelista croata Bárbara Switalska será a encargada de abrir a inauguración do festival Alguén que respira! no Teatro Principal de Compostela a partir das sete e media da tarde. Switalska, que forma parte da Filharmonía de Galicia, interpretará días pezas sobre o escenario, unha delas A Primavera de Vivaldi, coa que recibirá aos 65 asistentes do recital.

Previamente, Manuel Rivas lerá no balcón o Manifesto da des-extinción. Os poetas Iago González, María Isern, Maria Ferreira, Belén Senín, Mario Obrero e Martín Bidaur son os seis poetas que participarán no recital.


 

‘Galiziarako Poemak’, unha homenaxe de Martín Bidaur a Galicia para o festival

Martín Bidaur, o poeta en éuscaro que participa no primeiro recital do Alguén que respira!, preparou para o festival unha serie de poemas inéditos que teñen Galicia como motivo. Galiziarako Poemak é o título xenérico da serie, que conta con tres obras expresamente escritas para o encontro compostelán, Ez naiz sekula egon Ribadeon (Eu nunca estiven en Ribadeo), Gaua heltzen da eta (Achégase a noite e) e San Matineko arkupeetan (Nos soportais da rúa de San Martín). Os poemas proxectaranse en galego durante o recital nunha tradución de Isaac Xubín. Será, sen dúbida, un dos momentos máis escintilantes dun recital que reúne ás grandes promesas da poesía ibérica nas súas diferentes linguas. Canda Bidaur, estarán polo galego Iago González e Belén Senín, María Isern polo catalán, Maria Brás Ferreira polo portugués e Mario Obrero polo castelán.


 

A lectura do manifesto de Manuel Rivas NON terá aforo limitado

A lectura do Manifesto do Día Mundial da Poesía, co que Manuel Rivas abrirá o próximo domingo 21 de marzo ás sete da tarde o festival Alguén que respira! desde o balcón do Teatro Principal de Compostela, non terá aforo limitado. Toda a Rúa Nova, onde se atopa o teatro, será o auditorio para o que falará Rivas, no que é o primeiro acto libre do festival desde hai dous anos. Haberá que gardar, iso si, as distancias protocolarias contra a covid-19, e por suposto os asistentes deberán levar mascarilla. Alén destas normas, poderán acodir á lectura do manifesto, titulado Manifesto da des-extinción, as persoas que o desexen.

Para o recital posterior, no que participan as grandes promesas da poesía ibérica nas súas distintas linguas, si será necesario contar con entrada, xa que o aforo do Teatro principal establece un aforo máximo de 65 persoas. No recital, baixo o lema + ou – 21 [anos], participarán Iago González, Maria Ferreira, Martín Bidaur, Maria Isern, Belén Senín e Mario Obrero.

Nesta cuarta edición, o festival Alguén que respira! celébrase en catro datas ao longo do ano, coincindo cos equinoccios e os solsticios. O programa dos eventos posteriores será comunicado oportunamente para adaptalo ás normas sanitarias que se establezan contra a pandemia.


 

Desde este martes día 16 pódense reservar as entradas para o festival

As entradas para asistir o 21 de marzo ao recital inaugural do festival Alguén que respira! estarán dispoñibles desde este martes, día 16, na billetería do Teatro Principal e mais na web www.compostelacultura.gal. O aforo, polo protocolo sanitario da covid-19, é limitado. As entradas reservadas deberán retirarse antes das sete da tarde dese mesmo día 21, hora na que comeza a lectura do Manifesto do Día Mundial da Poesía, que realizará desde o balcón do teatro o seu autor, Manuel Rivas. Se non se retiran nese horario, serán postas de novo na billetería.


 

Iago González, o poeta que ven de Arnuíde

Iago González (Arnuíde, Vilar de Barrio, 1999) é un dos dous poetas galegos que interveñen o día 21 de marzo no recital + ou – 21 [anos], dentro da xornada inaugural do festival Alguén que respira!. Trátase dun poeta precoz, que se sente entroncado «coa sabedoría dos maiores e coa insondable beleza dos lameiros e da serra, na xenealoxía das mazaíñas pequenas e irregulares que non teñen nada que temer nin que tremer». en ourense, baixo o maxisterio de olga novo, rodou «carreiro arriba sen despegar a carabuña do fogar e aprendendo das infinidades e infinitudes do coñecemento profundo, admirando entre lúcidos compañeiros e profesores sensibles, humildes e soberanos mestres». agora estuda en Compostela Filoloxía galega. «Aínda inocente», subliña, «tripada pola pita e cun verme azuliño coma a xeada, a miña mazá retórcese inaudita na inmensidade, e vaise enchendo do soño para medrar, reconditamente perdida na cultura popular, na tradición serodia, na píbeda rural, na canción dos falares, na redención dos dicires, na curación dos poemas e na relixión dos amores. sucando na aventura dos mundos o xerme vivo da natureza prístina. recibindo a cor sen dor. descubrindo a mazaira. a mazá na aira, de fóra para dentro.


 

Seis poetas ibéricos no seu equinoccio creativo para o recital ‘+ ou – 21 [anos]’

A xornada inaugural do festival Alguén que respira! comeza o día 21 de marzo ás sete da tarde no balcón do Teatro Principal de Compostela coa lectura do manifestó que escribiu Manuel Rivas, ao que seguirá un recital de forte impacto polos novísimos representantes das distintas linguas peninsulares que se reunirán en Compostela.

O recital terá lugar a partir das sete e media da tarde no interior do teatro, baixo o título + ou – 21 [anos]. Será unha espectacular panorámica de poetas no equinoccio da súa primavera creativa.  Belén Senín (Potecesures, 1999) e Iago González (Vilar de Barrio, 1999) estarán lendo os seus versos pola lingua galega. Polo éuscaro, será Martín Bidaur (Toulouse, 1996); polo portugués, Maria Brás Ferreira (Lisboa, 1998); polo catalán, María Isern (Vic, 1994); e polo castelán Mario Obrero (Madrid, 2003).

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para visibilidade da poesía en todas as súas expresións. O concello conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación e Iris Cochón na coordinación literaria.

Manifesto do Día Mundial da Poesía 2021: Poesía fronte a bioperversidade

Manuel Rivas

Alguén que respira!, o festival de poesía de Compostela, comeza a súa andaina o próximo domingo 21 de marzo coa lectura do Manifesto que escribiu Manuel Rivas para celebrar o Día Mundial da Poesía. Será ás 19 horas no balcón do Teatro Principal como inicio do recital + ou – 21 [anos], un encontro que reunirá en Galicia ás voces máis esixente novas da poesía peninsular nas súas distintas linguas.

O manifesto de Rivas, titulado Manifesto da des-extinción, é un texto rebelde para “un tempo de emerxencia no mundo” e tamén un chamamento para converter a poesía nun “activismo de des-extinción” que berra na primavera: Non hai tempos nortos!.

Rivas fai un chamamento de intervención directa nun “rumbo de horizontes enfermos” onde a poesía é “o primeiro e o último faro”. Un tempo de “bioperversidade” fronte á biodiversidade da palabra poética, que é “sempre colabroativa, dunha soidade compañeira, mesmo no desacougo máis radical hai que un dicir ultimo: Non aos tempos mortos!”. Un tempo de servidumes fronte aá resitencia da poeía. Un tenpo de produción da mentira fronte ao “activiso da verdade” , fronte á “palabra que bate onde doe o dente”.

A poesía, en palabras do do autor do Libro do entroido, “trousa, vomita, rebélase, interpela aos señores e deuses, do poder real ou da mitoloxía, mais nunca fai estragos. todo é de proveito, mesmo a súa rabia. é excitación creativa, xermola, lanza luces na escuridade. o que a poesía ten de rabia, de noxo, de vergoña, vai atemperada, pola súa natureza poética, pola ironía, a burla ou a compaixón”. 

Trátase dunha poesía, engade, na que xermola “toda revolta” , unha “óptca da sensibilidade, para o individuo e a sociedade” que permite ver o que non está ben visto”. E por iso é “dunha indolcilidade cósmica”.

“Quen pretenda protexer a peosía, ignora que a poesía é a que nos protexe. Quen a considere innecesaria, ignora que é imprescindíbel”, coclue Manuel Rivas nun manifesto onde hai sal, terra e “honorábel e sublime esterco” onde levedan as palabras.

O texto íntegro do manifesto aparece na publicación do festival, que ese día 21 de marzo se lle repartirá aos asistentes.

Alguén que respira! , organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, chega á cuarta edición readaptando o seu calendario ás continxencias da pandemia pola covid-19. Sen perder a referencia do 21 de marzo, cando se celebra o Día Mundial da Poesía e o equinoccio de primavera, o festival exténdese ao longo do ano en catro xornadas que lle pemiten adaptarse aos progresivos protocolos sanitarios. Deste xeito, o Teatro Principal de Compostela, sede do festival, acollerá un programa adaptado ás circunstancias sanitarias que correspondan o domingo 21 de marzo, o luns 21 de xuño (solsticio de verán), o martes 21 de setembro (a unhas horas do equinoccio de outono) e o martes 21 de decembro (solsticio de inverno). En cada xornada haberá, ademais, eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e desde a organización xa anuncian que haberá propostas inesperadas.

O obxectivo é preservar, na medida do posible, seccións características de edicións anteriores, como Atravesei a cerca (un percorrido polos espazos máis recónditos do Teatro Principal) ou o apartado de producións propias.


 

‘Os 21 do 21’: a cuarta edición do Alguén que respira! celebra equinoccios e solsticios coa poesía como corpo principal

Alguén que respira!, o festival de poesía de Compostela, chega á cuarta edición readaptando o seu calendario ás continxencias da pandemia pola covid-19. Sen perder a referencia do 21 de marzo, cando se celebra o Día Mundial da Poesía e o equinoccio de primavera, o festival exténdese ao longo do ano en catro xornadas que lle pemiten adaptarse aos progresivos protocolos sanitarios. No mes de decembro, esperamos contar coas condicións adecuadas para ofrecer formatos completos, tanto nos aforos como na proximidade dos asistentes ou na sucesión de recitais.

En conxunto, non será con todo un programa aleatorio, senón que xoga coas súas datas habituais para establecer unha cadea de equinoccios e solsticios baixo o selo da poesía, ao tempo que fai unha chiscadela cos algarismos do ano actual, o 2021. Por esa razón, o lema desta cuarta edición é Os 21 do 21, todo un convite de complicidade que permite gravar na memoria colectiva as catro citas clave da temporada, superando a barreira de que coincidan en domingo, en luns ou en martes. Poesía concibida tamén con alento diario, no medio de semana, como forma de vida cotiá.

Deste xeito, o Teatro Principal de Compostela, sede do festival, acollerá un programa adaptado ás circunstancias sanitarias que correspondan o domingo 21 de marzo, o luns 21 de xuño (solsticio de verán), o martes 21 de setembro (a unhas horas do equinoccio de outono) e o martes 21 de decembro (solsticio de inverno). En cada xornada haberá, ademais, eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e desde a organización xa anuncian que haberá propostas inesperadas.

O obxectivo é preservar, na medida do posible, seccións características de edicións anteriores, como Atravesei a cerca (un percorrido polos espazos máis recónditos do Teatro Principal) ou o apartado de producións propias.

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación e Iris Cochón na coordinación literaria.