Pilar Pallarés [Poesía contra violencia]
Estibaliz Espinosa [Poesía contra confinamento]
Estevo Creus [Poesía contra intransixencia]
Respirar xunt*s
O día 22 de marzo pechamos o Respira! Web e tamén o movememento en directo da conta en Facebook, dous instrumentos que concibimos como un desafío á lóxica do desconcerto. Porén, a páxina e mais a conta siguen abertas para reencontramos libremente na confluencia da poesía. Non hai planificación previa nin periodicidades fixas, pero mentres dure a emerxencia sanitaria polo coronavirus, alguenquerespira.gal estará aí, para tod*s.
Poesía de resistencia
“Aquí construín o meu imperio e isto deberías sabelo. Tatuei nas mans das niñas fillas os camiños que levan á auga. Non temos deuses. Témonos unhas ás outras”
[Lara Dopazo]
Poesía de resistencia
“Polas escouras
do buque, coceñemos a cantidade das súas viaxes,
polas escouras da nosa pel
cantas veces amamos”
[Cristina Peri Rossi]
Poesía de resistencia
“No voo cunha partícula
de pó podes recoñecer o acougo da montaña”
[María do Cebreiro]
Poesía de resistencia
“Como se aprende a mirar
se o íntimo inunda sempre
as acuosas cristaleiras do mundo?”
[Carlos Lema]
Poesía de resistencia
“Arrinca a frecha.
Se se desprende a ferida fecha”
[Ernest Hemingway]
Poesía de resistencia
“Os libros consólache de todo o esencial”
[José Luis Piquero]
Mónica Caamaño [Poesía contra confinamento]
Poesía de resistencia
“Incluso ao día seguinte
da tormenta
os pementos son vermellos”
[Matsuo Basho]
Poesía contra intolerancia
Manolo Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Olalla da Prica ían manter o pasado día 18 na Casa do Taberneiro de Compostela, dentro do programa do Alguén que respira!, un encontro de regueifa. As limitación impostas polo combate ao coronavirus obrigaron a suspender o encontro pero eles e elas amañáronse para articular desde o confinamento individual a celebración colectiva. O resultado é a aparición de un novo grupo de regueifeir*s, chamado Mencinheiros, e tres gravacións que tedes aquí e que tamén podedes escoitar en youtube.
Poesía de resistencia
“Quero ir convosco, quero ir convosco,
Ao mesmo tempo com vós todos
Pra toda a parte de onde fostes!”
[Fernando Pessoa]
Poesía de resistencia
DIS: “Vai vir a luz”. Non é a sua hora
pero ti descoñeces a imposibilidade:
pensas a luz”
[Antonio Gamoneda]
Poesía de resistencia
“Só as palabras que aguantan o incencio
non marchan”
[Ramón Blanco]
Cando unha peste arrebata
homes tras homes, non hai outra
que enterrar de presa os mortos
baixar a frente, e esperar
que pasen as correntes apestadas…
Que pasen…, que outras virán!
[Rosalía de Castro]
O Ar do texto
Pechamos o Respira! Web e tamén a súa actividade na conta de Facebook, dous instrumentos que concibimos como un desafío á lóxica do desconcerto. Porén, a páxina e mais a conta seguirán abertas para que nos reencontremos libremente na confluencia da poesía. Non haberá planificación previa nin periodicidades fixas, pero mentres dure a emerxencia sanitaria polo coronavirus, alguenquerespira.gal estará aí, para tod*s.
[Contribución de Miguel Azguime]
Versos e voces que se tocan. Peza sonora colectiva [8]
Cando todo obriga ao illamento, neste Respira! virtual [Poesia contra confinamento] propuxémosvos facer unha peza colectiva, que é a que fomos subindo á web estes días. Versos en voces para configurar un corpo sonoro que é memoria e é acción. Voces que se tocan cando apenas nada se pode tocar. O punto de partida foi o proxecto que Ana Romaní e Chus Silva prepararon para a performance Corpus Literarios do festival. E a proposta que lanzamos para a web era sinxela: facernos chegar un audio cun verso gravado, fose propio ou de outr*s, inéditos ou publicados, históricos ou víricos. Con eles, creamos oito pezas sonoras de voces que se tocan nun corpo que Respira!
Esta é a oitava da serie: