Poeta, xestor cultural e historiador, Pau Vadell publicou xa unha ducia de títulos, recoñecidos con distintos galardóns: Temple (premio Miquel Àngel Riera 2009), Apèndix city (2010), Carnatge (2012), Sang Cremada (premio Vila de Lloseta 2014), Traït (premio Senyoriu Au- siàs March 2015) ou Terra llarga (2019). Tamén é tradutor e participa en movementos sociais e culturais do ámbito lingüístico catalán. Foi cofundador do colectivo Pèl Capell, fonte da antoloxía Pedra fogueira Antologia de poesia jove dels Països Catalans (2008). Coordinou o Comitè d’Escriptors Perseguits do PEN Catalán (2013-2014). Actualmente, dirixe AdiA Edicions, coordina as actividades da Casa Blai Bonet. Centre de Poesia e é vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Catalá das Illas Baleares. A súa obra Coas costas dobradas foi traducida ao galego por Gonzalo Hermo.