Pecha a selección de participantes para a performance “Corpus literario”

Este luns concluíu a selección de participantes para a performance Corpus literario, incluída no festival Alguén que respira!, que se celebra en Compostela entre os días 18 e 21 de marzo. O festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Santiago coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, preparou un amplo programa no que figura esta performance, unha singular proposta para ler poesía escrita sobre a pel. Corpus literario desenvolverase o vindeiro 19 de marzo, a partir das sete da tarde, no escenario do Teatro Principal para un número reducido de espectadores.