Poesía de resistencia

Cando os nazis viñeron levar os comunistas,
gardei silencio,
porque eu non era comunista,

Cando meteron os socialdemócratas na cadea
gardei silencio,
porque eu non era socialdemócrata,

cando viñeron buscar os sindicalistas,
non protestei,
porque eu non era sindicalista,

cando viñeron levar os xudíos,
non protestei,
porque eu non era xudío,

cando viñeron buscarme a min
non había ninguén que puidese protestar.

[Martín Niemöller]