O Alguén que respira! comeza o seu programa o día 20 ás 12 do mediodía co primeiro dos faladoiros da sección Cita no ambigú (Un café, unha conversa e moitas ideas). No encontro participarán dous poetas palestinos, Sammer Abu Hawwash e Mohamad Bitari baixo o título Poesía / vida / exilio.
Sammer Abu Hawwash e Mohamad Bitari comparten o feito de teren nacido no exilio (os campos palestinos de Siria) e viviren exiliados (ambos en Barcelona). Son poetas, admíranse mutuamente e Bitari traduciu a Sammer ao catalán. Para o Respira! reflexionan conxuntamente sobre como se vive a escrita poética desde o exilio.