Pornós únese ao ‘respira!’ para participar na nova proposta ‘Escenas cruzadas’

A emerxencia do covid-19 sigue a sacodir as programación do Alguén que respira!, o festival de poesía que se celebra no Teatro Principal de Santiago de Compostela desde este sábado día 19 ao luns 21. A poucas horas de iniciarse o festival e ante as novas restriccións impostas polo goberno portugués, o poeta Miguel Azguime decidiu non viaxar a Galicia para presentar o seu traballo Salt itinery, que estaba previsto para o domingo día 20. No seu lugar, a organización deciciu apostar pola proposta de Pornós, un grupo de traballa nas lindes da performance e da posdramaturxia co seu traballo Farts. Arte con maiúsculas, unha das revelacións da escena galega dos últimos anos. Nun esforzo contrarreloxio, articulouse un programa titulado Escenas cruzadas [Poesías híbridas] que reúne nunha sesión, a partir das 21 horas do domingo 21 de setembro, a estrea de Sentadas na beira do escenario cos pés colgados do artista interdisciplinar Celso Fernández Sanmartín –un proxecto do propio festival– e Farts. Arte con maiúsculas, resultado dan esforzo colaborativo onde un grupo de sete performers saídos da ESAD de Vigo se xuntan e xogan a ser o medio e a creación.


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará