Renato Filipe Cardoso, unha das presenzas máis impactantes da poesía portuguesa actual, lerá os seus poemas no recital inaugural do Alguén que respira!, que este sábado bota a andar no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Xornalista e presentador de televisión na área da Música, locutor comercial, promotor de distintos eventos poéticos, micro-editor e dicidor profesional, Cardoso publicou máis de dez libros. Como dicidor, é unha figura de referencia do mítico Pinguim Café do Porto e das Quintas de Leitura do Teatro Municipal desa mesma cidade. Actualmente, mantén activos varios proxectos, entre eles a performance satírica Missa MalDita e o colectivo Stand-up Poetry.