Respira! Web en aberto

Desde a mañá de hoxe estamos subindo os audiopoemas que chegaron á web e ao correo do festival virtual, depois de colgar estes últimos días os audios dos poetas e as poetas que figuraban no programa do festival físico, aprazado de maneira temporal. Tamén incluímos desde esta mañá versos e frases de poetas que reforzan a forza da acción do poema. O Respira! Web é un medio de axudarnos e de afrontar a perplexidade cando os valores da democracia, da cultura e da convivencia están ameazadas por unha emerxencia sanitaria sen precedente na historia. Estar perto, apoiarnos e acompañarnos mutuamente. Aquí atoparades poesía para un tempo de emerxencia, pero tamén poesía para a resistencia. Neste 21 de marzo, dámosvos a voz e seguimos apostando por unha programación cultural que manteña aberta a nosa crenza na liberdade.