Haberá oito estreas absolutas no respira!

O Teatro Principal de Compostela acolle entre o 21 e o 23 a II edición do festival

Haberá oito estreas absolutas no respira!

 

Méndez Ferrín é o encargado de escribir o manifesto do Día da Poesía

Alguén que respira!, o Festival de Poesía para Corpo Principal que impulsa a Concellería de Cultura de Compostela, celebra a súa segunda edición entre o 21 e o 23 de marzo. O programa, caracterizado pola ambición, a calidade e a variedade, pretende xuntar a algunhas das máis escintilantes propostas poéticas da creación contemporánea. Este ano, Xosé Luís Méndez Ferrín encarghouse de escribir o Manifesto do Día Mundial da Poesía, que se celebra precisamente o 21 de marzo.

En pleno tremor tecnolóxico, a poesía segue a ser un vizoso ámbito de creación, capaz de rexenerarse e de xerar unha poderosa iconografía emocional, social e política. O festival Alguén que respira! aproveita este potencial para inzar en Santiago de Compostela un ambicioso programa, centrado na presenza física e na oralidade, sen esquecer tampouco a vertente literaria da poesía. O Teatro Principal será o escenario no que se desenvolva, entre o 21 e o 23 de marzo, o programa. Tres días intensos, con máis de cincuenta poetas de varias nacionalidades e idiomas expoñendo ante os afeccionados as súas propostas, que converten o respira! (como xa se lle coñece popularmente) nun dos mais importates festivais de poesía que se celebran na península.
A novidade desta segunda edición do é, sen dúbida, a aposta pola produción propia, o cal supón a estrea de case unha decena de espectáculos, moitos deles encargos do propio festival. Non se trata unicamente de producións impulsadas por poetas senón que se abrangue unha variada tipoloxía de creadores. Ademais da estrea de Ana Romaní e Chus Silva co seu 2%. Un recital para esquecer, o respira! presenta as producións de García MC e LAR Legido, Rabudas e Nuria Vil, Mónica Caamaño, Afonso Traficante, Alfredo Rodríguez, Silvia Penas e Félix Fernández, unidos pola magnética da poesía. Poetas, instrumentistas, compositores e compositoras, actores, actrices, performers ou videocreadoras ofrecénnos os seus traballos de hibridación artística, indagando en linguaxes propias e alleas, arriscándose coa palabra ou co silencio, co ruído ou coa voz, pero sempre en contacto coa indicible condición de asombro e estrañeza que contén a poesía.

O encargado de realizar este ano o Manifesto do Día Mundial do teatro foi Xosé Luís Méndez Ferrín [Ourense, 1938], referente da poesía e da narrativa galegas contemporáneas e representante dunha liña de acción na que a gura cultural se encerna na actuación política. A lectura do manifesto terá lugar no teatro Principal a partir das 20.30 horas do día 21, nun recital inaugural onde tamén se poderán escoitar as voces de de Luz Pozo Garza, Golgona Anghel, José Luis Piquero, Pilar Pallarés ou Estevo Creus, entre outros.