O Respira! Web non é a única iniciativa poética que se desenvolve na rede. Estes días, a poeta Tamara Andrés puxo en funcionamento en instagram a entrada Miña poesía meu lar na que xa colgaron os seus vídeos Miriam Reyes, Chus Pato ou Rafa Lobelle. A proposta de Tamara Andrés conta xa con mais de cen seguidoras. A idea veu ao fío dunha acción poética que fixo o ano pasado na Festa dos Libros en Pontevedra con playlist poética agrupadas por temas, de xeito que a xente sentaba nun salonciño e poñíase a escoltar a lista escollida, na que cada autor ou autora recitaba os seus textos. Agora propón colgar en instagram un vídeo que contribúa á difusión da poesía galega e ao acompañamento nas casas durante o confinamento: ler poemas de autoría propia ou allea, ensinar o recuncho de poesía que cadaquén ten na sea casa ou recomendar lecturas poéticas.