
O vasco Martín Bidaur foi o último dos poetas incluídos no recital + ou – 21 [anos] que chegaron a Compostela, co que todo está preparado xa para que o pano do Teatro Principal se levante este domingo 21 de marzo e celebrar o Día Mundial da Poesía. Previamente, chegaron a catalá Maria Isern –que pasou longas temporadas en Galicia–, o madrileño Mario Obrero e a portuguesa Maria Brás Ferreira, que pisaba por vez primera Compostela.
O festival Alguén que respira! preparou para a xornada un programa espectacular que inclúe á chelista Barbara Switalska e a lectura do Manifesto da des-extinción de Manuel Rivas.