Un festival con grande “esixencia de calidade”

O festival Alguén que respira! presentouse onte luns no Concello de Compostela, nun acto no que participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director do ciclo, Antón Lopo. Menores Mercedes

Mentres Mercedes Rosón salientou o arraigo que o respira! acadou nas súas catro edicións e a dinámica impulsada polo concello para manter a actividade cultural durante a pandemia, Valentín García amosou o seu compromiso cun programa que como o do respira! “se articula sobre unha grande esixencia de calidade”. Pola súa banda, Lopo puxo de relevo a vontade de que o festival se converta, con cada nova edición, nunha referencia como de diversidade e apoio ás minorías. Neste sentido, avanzou que a edición do 2022 terá un espazo específico para a poesía queer, nun momento no que –dixo– asistimos a unha “terrible vaga homófoba”.

O festival comeza este martes día 21, ás 19.30, no Teatro Principal co recital O ruído do lume e. Nel participan, Olga Novo, Chus Pato, Eva Veiga, Luz Fandiño, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Andrea Nunes, Luz Pichel, Alba Cid e Miriam Ferradáns.

O mércores 22 continúa –tamén a partir das 19.30– con Atravesei a cerca, que se celebra en tres espazos singulares do barrio de San Pedro: o xardín da Maceta, a terraza do centro socicultural da Trisca e no museo ao aire libre do ferreiro Berto Leis. Neses espazos lerán os seus poemas o galego Sechu Sende, o aragonés Javier Peñafiel e a navarra Castillo Suárez.

 


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará