
Nuno Pico, un dos creadores que converteron a música actual galega nunha experiencia de intensa poesía urbana, acodirá o venres día 20 de marzo ao Alguén que respira! no programa Poesía para música Principal, onde comparte cartel con Faia, Guadi Galego e Woyza. A súa presenza no festival chega nun momento moi especial da súa traxectoria, cando o seu Grande Amore está a ser unha referencia musical unánime e cando acaba de presentar o seu novo proxecto Portosanto, que nace sobre as cinsas do seu grupo Oh Ayatollah! O festival será unha oportunidade única para coñecer unha faciana ata agora inédita: Nuno Pico en exposición xenuína.
