Versos e voces que se tocan. Peza sonora colectiva [8]

 

Cando todo obriga ao illamento, neste Respira! virtual [Poesia contra confinamento] propuxémosvos facer unha peza colectiva, que é a que fomos subindo á web estes días. Versos en voces para configurar un corpo sonoro que é memoria e é acción. Voces que se tocan cando apenas nada se pode tocar. O punto de partida foi o proxecto que Ana Romaní e Chus Silva prepararon para a performance Corpus Literarios do festival. E a proposta que lanzamos para a web era sinxela: facernos chegar un audio cun verso gravado, fose propio ou de outr*s, inéditos ou publicados, históricos ou víricos. Con eles, creamos oito pezas sonoras de voces que se tocan nun corpo que Respira!

Esta é a oitava da serie: