MÉRCORES, 18 DE MARZO 2026
(Ambigú do Teatro Principal)
CITA NO AMBIGÚ
(Un café, unha conversa, moitas ideas)
12 h
Alzheimer, memoria e literatura
Café-faladoiro con Carlos Spuch e Isabel Gey
(O festival Respira! ten a MEMORIA como eixo central desta edición e nada mellor para abrir programa que adentranos nos estados en que a memoria, tal como a coñecemos, deixa de ter pertinencia e comeza a inmensidade do esquecemento. Sobre este tema, no ambigú do Teatro Principal, celebramos un faladoiro con Carlos Spuch, un dos grandes divulgadores da cuestión en Galicia, e con Isabel Gey, presidenta de AGADEA, a Asociaicón Galega de Enfermos de Alzheimer)
19,00 h
(Balcón do Teatro Principal)
MANIFESTO
Olga Novo
19,15 h
(Teatro Principal)
Son nove e non van ser dez
(O Alguén que respira! comezou a sua primeira edición coa regueifa de Lupe Blanco e Manolo Maseda, que abrían a cerna da poesía popular nun festival con vocación de esculcar as formas trasversais do poema. Nove anos despois, os dous volven para dar pé ao recital inaugural do Respira! e farano, ademais, conducindo aos asistentes desde a lectura que fará Olga Novo do Manifesto do Día da Poesía (no balcón da Rúa do Vilar) ata o interior do teatro. Será a antesala dun recital que trae a poesía do irlandés Simon Ó Faoláin, Andrea Nunes Brións (unha das figuras emblemática da literatura das identidades en Galicia), Elsa Moreno (personalidade de singular relevancia na poesía performática española) e Cristal Méndez Queizán, poeta que regresou recentemente á escena coa súa proposta de música e poesía)
Lupe Blanco e Manolo Maseda
Andrea Nunes Brións
Simon Ó Failáin
Elsa Moreno
Cristal Méndez Queizán
XOVES, 19 DE MARZO 2026
19,00 h
(Teatro Principal)
A TELÓN BAIXO
Xurxo Ayán
(No recinto interior do escenario do Teatro Principal, o historiador e arqueólogo Xurxo Ayán fai un percorrido da poesía vinculada á guerra de España, cun despregamento de imaxes e testemuñas nunha intervención onde tamén participa Olga Novo)
20,30 h
(Teatro Principal)
POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
(O festival celebra o 19 de marzo un clásico do seu programa: o recital onde se reúnen poetas das distintas linguas ibéricas, algunhas delas tamén engastados á memoria do Respira!, como a vasca Miren Agur Meabe (que participou en 2022) ou Pol Guasch, que estivo en 2020 e agora regresa para presentar a súa impactante obra sobre a memoria familiar e o suicidio do seu pai. Canda eles, Xavier Cordal, unha das voces de culto da poesía galega actual; a portuguesa Raquel Patriarca e Ana Rosetti, un nome de referencia na renovación da poesía española desde os anos oitenta.
VENRES, 2O DE MARZO 2026
(Ambigú do Teatro Principal)
CITA NO AMBIGÚ
(Un café, unha conversa, moitas ideas)
12 h
Neurociencia e escrita
Café-faladoiro con Germán Sierra
(Considerado un dos escritores de vangarda na literatura en español, o neurocientífico Germán Sierra vén ao festival para compartir un café no que falará dese ámbito tan suxerente que une a literatura, a memoria e a neurociencia)
20.00
(Teatro Principal)
LETRAS NOVAS
(Recital dos premios Respira! para estudantes novos)
Mario Elás Blanco Boullosa
Mencía Rodríguez Lorenzo
Lucía Gaute
Carme Fernández del Castillo
20.15
(Teatro Principal)
POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
(Ao longo da súa historia, o Alguén que respira! prestou sempre atención especial ás manifestacións onde a poesía e a música se alían para potenciarse mutuamentea. Nesta edición tan especial de culminación do proxecto, o Respira! reúne voces referentes da música galega actual, un cartel impactante que só a capacidade aglutiante da poesía é capaz de lograr: Faia, Guadi Galego, Woyza e Nuno Pico. Non é soño: é unha realidade ao teu alcance)
Nuno Pico
Faia
Guadi Galego
Woyza
SÁBADO, 21 DE MARZO 2026
(Ambigú do Teatro Principal)
CITA NO AMBIGÚ
(Un café, unha conversa, moitas ideas)
12 h
Memoria: as imaxe e a poesía
Café-faladoiro con Iván Castiñeiras
(O director Iván Castiñeiras conversa sobre a súa película Deuses de pedra e faino a partir dunha experiencia expresiva que el domina como poucos: as posibilidades da poesía na imaxe)
12.30 h
Proxección de Deuses de pedra
(A memoria é o eixo de Deuses de pedra, unha película rodada durante quince anos que se presentou nalgúns dos máis importantes festivaois do mundo e que se converteu xa nunha referencia do cine galego contemporáneo)
18.00
(Teatro Principal)
ATRAVESEI A CERCA
(Atravesei a cerca é o programa máis especial des que naceu o Alguén que respira! e esta edición non ía ser unha excepción. Porén, a proposta ten tinguiduras singulares: nos diferentes espazos do Teatro Principal –os que habitualmente non son accesibles ao público– poderemos escoitar as voces de persoas que, grazas precisamente a este programa, desenvolveron proxectos específicos. É o caso de Ana Romaní e Chus Silva, coa súa proposta de espazo poético sonoro; de David Trashumante, unha man de axuda constante no festival; Alexandre Fernández Peón, que botou a andar como poeta no Respira! e Antón Reixa, que aquí protagonizou o regreso de Rompente)
Alexandre Fernández Peón
Ana Romaní e Chus Silva
David Trashumante
Antón Reixa
20,30 h
(Teatro Principal)
SON NOVE E NON VAN SER DEZ
(Para pechar a novena edición, programouse un recital que resume non só o tema central do Respira! no 2026, a memoria, senón tamén a decidida aposta de fisidade na poesía como eixo do festival desde a súa primeira edición. Deste xeito, o escenario do Teatro Principal reúne aos máis importantes nomes da liña performática da poesía en Galicia, con Estevo Creus, Nuria Vil, Samuel Merino, Isaac Xubín, Silvia Penas, Lucía Aldao e Nieves Neira con María Grandío. Canda eles e elas, un recordo do festival para unha das poetas que deixou unha pegada fonda na nosa memoria, a andaluza Isabel Martín)
Estevo Creus
Nuria Vil
Samuel Merino
Isaac Xubín
Silvia Penas
Lucía Aldao
Isabel Martín
Nieves Neira e María Grandío
Para asistir á previa do festival Alguén que respira! pódense retirar as entradas, dende o día 13 ás 11:00 h. na web de compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural de 11 a 14 e de 16 a 19 h. (teléfono 981 542 462). Tamén se poden retirar no despacho de billetes do Teatro Principal desde unha hora antes do comezo do recital (teléfono 981 571 026).
Todas actividades teñen carácter gratuíto ata esgotar aforo!!!!
Teatro Principal ll Rúa Nova, 22 ll Compostela
Iglexa da Universidade II Praza de Mazarelos II Compostela


