Nieves Neira [Poesía contra coronavirus]

Xornalista de profesión, Nieves Neira Roca é integrante da Fundación Uxío Novoneyra, autor sobre o que escribe unha tese de doutoramento na USC. Codirixe o proxecto editorial Ámboa, que busca crear libros raros e desbordados. Formouse en artes do corpo e do movemento e é integrante da asociación 3monos para a promoción das artes escénicas, coa que colabora na organización do festival lugués Cartografía en Movemento. Os seus textos poéticos viron a luz en pequenas edicións que fai manualmente e foron collendo alento nos recitais.