Iago González, o poeta que ven de Arnuíde

Iago González (Arnuíde, Vilar de Barrio, 1999) é un dos dous poetas galegos que interveñen o día 21 de marzo no recital + ou – 21 [anos], dentro da xornada inaugural do festival Alguén que respira!. Trátase dun poeta precoz, que se sente entroncado «coa sabedoría dos maiores e coa insondable beleza dos lameiros e da serra, na xenealoxía das mazaíñas pequenas e irregulares que non teñen nada que temer nin que tremer». en ourense, baixo o maxisterio de olga novo, rodou «carreiro arriba sen despegar a carabuña do fogar e aprendendo das infinidades e infinitudes do coñecemento profundo, admirando entre lúcidos compañeiros e profesores sensibles, humildes e soberanos mestres». agora estuda en Compostela Filoloxía galega. «Aínda inocente», subliña, «tripada pola pita e cun verme azuliño coma a xeada, a miña mazá retórcese inaudita na inmensidade, e vaise enchendo do soño para medrar, reconditamente perdida na cultura popular, na tradición serodia, na píbeda rural, na canción dos falares, na redención dos dicires, na curación dos poemas e na relixión dos amores. sucando na aventura dos mundos o xerme vivo da natureza prístina. recibindo a cor sen dor. descubrindo a mazaira. a mazá na aira, de fóra para dentro.


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará